O incendio orixinado no punto limpo da Foz reactívase e está de novo controlado

O pasado xoves en Ribadavia, no punto limpo da Foz, orixinábase un incendio que se estendeu ó monte de Santa María. A superficie estimada afectada é de 30 hectáreas, todas elas de arborado, e o lume quedaba extinguido na tarde do domingo, logo dun intenso traballo. Este lume xa está sendo investigado pola policía xudicial, considerando unha presunta intencionalidade.

Onte pola tarde volvía arder.  O distrito forestal informan que se trata dunha reactivación do incendio do xoves pasado, non véndose afectado hoxe o punto limpo, e a día de hoxe xa está controlado.

AVANTAR ACTIVIDADES

Bombeiros forestais estiveron todos estes días traballando na zona, a pesar do cal non se puido evitar esta reactivación. Onte asistiron 5 brigadas, 2 helicópteros e 2 camións motobomba, ademais do GES de Ribadavia. Xa se restableceu o subministro de electricidade, que por motivos de seguridade se tivera que cortar, afectando ás zonas de San Lázaro, Francelos e Prexigueiro, así como a Melón e A Arnoia.