O BNG de Ribadavia alerta dun novo recorte educativo e faino a través do seguinte comunicado:
https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0655-020823-0002_gl.pdf
A Consellería de Educación ven de publicar no DOG de hoxe 18 de agosto a orde que establece que para o vindeiro curso 2023-2024, o CEIP de Ribadavia contará cunha unidade menos de educación primaria, perdéndose tamén unha mestra de ensino primario.
Confírmase así a alerta avanzada hai semanas polas organizacións sindicais do ensino e que levou ao BNG de Ribadavia a presentar unha moción no Concello de Ribadavia (MOCIÓN POLO MANTEMENTO DE AULAS E POSTOS DE TRABALLO NO CEIP DE RIBADAVIA que foi debatida no pleno do pasado 27 de xullo e aprobada por unanimidade), rexeitando este recorte e propondo á Consellería de Educación a modificación dos actuais criterios de supresión de aulas, especialmente nos concellos rurais e que padecen despoboamento, e se reduzan as rateos de alumnado por docente, contribuíndo así tamén á mellora na calidade do ensino.
Malia a aprobación de dita moción, a actitude do PP de Ribadavia e máis do alcalde segue a ser meramente contemplativa con todos os recortes de servizos públicos que a Xunta executa.
Finalmente, o persoal docente do CEIP de Ribadavia reduciuse en 5 mestras entre 2019 e o vindeiro curso 2023-2024, tal e como se pode observar na seguinte táboa que recolle as disposicións do DOG para os cursos 2018-2019, 2019-2020, 2021-2022, 2022-2023 e 2023-2024:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180730/AnuncioG0164-190718-0001_gl.html
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190729/AnuncioG0534-180719-0002_gl.html
https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0598-260721-0001_gl.pdf
https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0655-260722-0002_gl.pdf