Este mércores (día 29) as 22:00 h na Praza Maior: Concerto de Tacrolimus

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A banda de rock Tacrolimus, na que participa o cardiólogo carballiñés Gonzalo Barge Caballero, actuará este mércores 29 de xullo ás 22:00 h na Praza Maior do Carballiño. O concerto enmárcase dentro da súa xira de presentación do seu primeiro álbum de estudio, ‘Se Acabaron Las Versiones’, que xa está dispoñible en todas as plataformas de streaming.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Sobre a banda

Tacrolimus naceu na Coruña en 2018 e comezou a súa andaina interpretando versións de grupos como Los Suaves, Barricada, AC/DC ou Ramones en salas de toda Galicia. A formación está composta por:

  • Gonzalo Barge Caballero (vocalista e guitarra rítmica), natural do Carballiño e cardiólogo na Unidade de Insuficiencia Cardíaca e Trasplante Cardíaco do Hospital da Coruña (CHUAC).
  • Antón Bande (batería e coros).
  • Nacho Mosquera (guitarra rítmica e gaita), tamén cardiólogo no Chuac.
  • Alejandro Rapitis (baixo e coros).
  • Miguel Thomas (guitarra solista).

O disco foi gravado polo recoñecido enxeñeiro de son Iago Blanco no seu estudio coruñés drum&roll.

Do Carballiño ao mundo

A banda xa ten un vínculo especial coa vila ourensá, onde actuou o pasado agosto durante a Festa do Pulpo. Agora volven á Praza Maior para presentar en directo as súas propias composicións, deixando atrás a etapa das versións.

Máis información






Revolución Silenciosa:


Cándida Resurrección:



Gonzalo Barge:

La letra de este nuevo tema de @tacrolimusbanda se escribió sola. La inspiración vino mientras veía la tremenda película de Iciar Bollain sobre la historia de @soynevenka y admiraba su fuerza y valentía. Hoy lo hemos compartido con ella y nos lo ha agradecido. Gracias Nevenka por romper lo que se creía irrompible. Gracias por ser un ejemplo.

Ya no me quiere, señor alcalde

Y el consistorio, está que arde.

Por no dejar que se acerque a mi,

Y ahora todo dios me quiere ya fuera de allí


PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------