Ribadavia leva hoxe a pleno uns orzamentos de 4,7 millóns de euros

O Partido Popular xa levou por primeira vez en xaneiro os orzamentos ó pleno, que foron rexeitados polos dous grupos da oposición. O presuposto ascende a 4,7 millóns de euros. Seis meses despois e con unha pandemia que provocou tres meses de confinamento polo medio, presentan algunas modificacións:

·        14.500€ para modificar o plan parcial e desenvolver a terceira fase do parque empresarial. Esta ampliación dotará de 50.000 m2 máis de solo industrial e permitirá a IMPLANTACIÓN de NOVAS EMPRESAS en Ribadavia.

AVANTAR ACTIVIDADES

·        44.891 € para soterramento de cableado no Casco Histórico de Ribadavia.

·        40.000 € para habilitación dun punto limpo na Foz.

·        40.000 € para substitución da carpintería exterior da Casa Consistorial.

·        48.972,10 € para poñer a parte que lle corresponde ao concello na obra de embelecemento do núcleo rural de Ventosela.

Ademais destes investimentos temos xa outros comprometidos e que non constan no documento porque foron obxecto de modificación de crédito, como por exemplo:

–      O cambio a LED de todo o alumeado de San Cristovo e Francelos (máis de 90.000€ de investimento) que comenzarán as obras na próxima semana.

–      A obra de renovación da rede de saneamento de San Cristovo (546.000€ a través de convenio coa Confederación Hidrográfica), á que lle hai que unir o Proxecto que se está a redactar para renovación de aceras, abastecemento, e transformación en travesía urbana da estrada OU-504 ao seu paso por San Cristovo.

–      Melloras na praza de abastos (case 50.000€)

A esto temos que unir o feito de que se incrementa o gasto social nun 19%. Os cartos destinados ás asociacións culturais increméntanse nun 81%, con 3.000 euros reservados para a promoción. Así, beneficiaranse desta cuantía o tecido asiciativo e cultural da vila, coma a Festa da Istoria, a Noite Meiga, o festival Arteficial, a coral clube artístico, mulleres rurais, baixada de carrilanas, a lira de Ribadavia e o enterro da sardiña. Os recursos destinados ás entidades deportivas increméntanse nun 95%, con aportacións para a Asociación Deportiva Cultural Ribeiro, Club Escola Balonmán Ribadavia, Irmandade Deportiva Sarmientos, Club de Tenis Ribadavia, Club Mizukami Karate, Club Ribadavia Atlético, Francelos F.C, Club Ribeiro do Avia, Agrupación Deportivo Natural e BTT Riders do Ribeiro.