O concello de Beariz e Progape recollen alimentos para cans e gatos

A administración local de Beariz ofrece as súas instalacións para a recollida de alimentos para cans e gatos, unha iniciativa promovida para colaborar ca protectora Pro Animales Carballiño. Para poder colaborar, as instalacións municipais recollen sacos de pienso en horario de oficina, das 09:00 horas ás 14:30 horas. Tamén ofrecen a posibilidade de achegarllos á protectora, para o que deberase contactar con eles a través do teléfono 605 19 31 37. O alimento é un dos gastos máis importantes ós que ten que facer fronte a protectora, ademais dos coidados médicos que precisan os animais ós que prestan axuda.

Publicidade