OS EMPRENDEDORES QUE PARTICIPAN NA PRIMEIRA EDICIÓN DO COWORKING DO RIBEIRO RECIBEN A FORMACIÓN DE XEITO TELEMÁTICO
A nova aceleradora situada en Cenlle, promovida pola Xunta e a Escola de Organización Industrial (EOI), continúa, de xeito telemático, a súa actividade de asesoramento e titorías de novos proxectos empresariais vinculados á agroalimentación, o turismo rural e a economía circular
Un total de 21 novos promotores desenvolven iniciativas de fabricación e envasado de aceite de oliva ecolóxico e vinagre artesán, exportación de produtos ecolóxicos, granxas tradicionais, servizos culturais e turismo cultural, medioambiental e deportivo, entre outras
VIDEO