Bob Esponja e Chase percorreron o concello de Cenlle

BOB ESPONJA E CHASE DA PATRULLA CANINA PERCORRERON O CONCELLO DE CENLLE AGRADACENDOLLE AOS MAIS CATIVOS O SEU BO COMPORTAMENTO POR TER RESPETADO CON NOTA MOI ALTA O ESTADO DE CONFINAMENTO

Dende o concello de Cenlle querían que fose unha gran sorpresa para todos, de ahí que non se avisara nin aos propios Concelleiros (tanto os de Goberno como ós da Oposición). Por iso, queremos aproveitar para pedir desculpas a tod@s, non había intencións ocultas, queríamos xogar co factor sorpresa entre todolos veciños.
Dicir tamen, que e a acollida foi excelente, e que quizás, en algún momento puntual, a ilusión dos nenos e as ganas de darlle agarimo por parte dos bonecos, fixeron que se romperá mínimamente a distancia de seguridade recomendada. Pedimos comprensión por este feito, e aproveitamos para desculparnos por estés pequenos despistes que evidentemente non foron intencionados nin planificados.
Grazas tamen a Protección civil da Mancomunidade do Ribeiro por axudarnos nesta sorpresa!!!

AVANTAR ACTIVIDADES

VIDEO