Propostas do Bng de Ribadavia sobre a reapertura de locais de hostalería

PROPOSTAS SOBRE A REAPERTURA DE LOCAIS DE HOSTALERÍA NO NOSO CONCELLO

No día de onte foron anunciadas dende o Estado unha serie de disposicións para a progresiva reversión das medidas decretadas durante o estado de alarma vixente.

FESTAS EN RIBADAVIA

Entre elas, establécese a previsión de que a partir do 11 de maio se producirá a reapertura das terrazas dos locais de hostalería, pero reducidas a un terzo do seu anterior aforo.

Isto suporía que moitos locais non chegaran a un mínimo de rendibilidade para reabrir, polo que consideramos que se deberían de adoptar, dentro do ámbito das competencias municipais, medidas transitorias para favorecer a reapertura da hostalería do noso concello:

– que se decrete a ampliación das zonas de terraza de que dispón cada local de hostalería, a fin de que poidan ofrecer unha capacidade maior dun terzo do que era o seu aforo anterior

– que este aumento nos metros de terraza non supoña un incremento na taxa municipal por ocupación do espazo público

– que o aumento das zonas de terraza se faga sempre sen interferir na circulación de peóns e vehículos

– esta medida sexa transitoria, volvéndose á normativa anterior en canto rematen as restricións derivadas o estado de alarma