A Xunta leva entregadas preto de 297 mil unidades de protección da provincia

A Xunta vén de repartir esta semana, a través de dous novos envíos e que constitúen o sétimo e o oitavo, máis de 61.300 unidades de protección contra o coronavirus entre os concellos da provincia de Ourense para atender ao persoal que segue desenvolvendo funcións nos distintos servizos municipais, fundamentalmente Protección Civil, Policía Local e Servizo de Atención ao Fogar (SAF).

Publicidade

Concretamente, as partidas enviadas esta semana aos municipios ourensáns incluíron 26.800 luvas, 24.430 mascarillas e 434 traxes antisalpicaduras. Ademais, tamén se distribuíron 277 botes de 500 ml de xel hidroalcoolico e 186  garrafas de 5 litros de desinfectante.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, subliñou que en conxunto, “desde que se decretou o estado de alarma pola crise do Covid-19, a través de oito entregas, o Goberno galego repartiu entre os concellos ourensáns 296.244 unidades individuais de protección: 191.454 luvas, 97.862 mascarillas, 3.948 traxes e 3.000 batas”. A este equipamento hai que engadir 4.900 botes de medio litro de xel hidroalcoolico, 221 garrafas de desinfectante e 1.430 litros de lixivía.

Ás dúas entregas realizadas esta semana aos concellos ourensáns, hai que sumar o terceiro envío de material á cidade das Burgas, que tamén se efectuou esta semana, e que incluíu 8.200 equipamentos individuais: 4.131 mascarillas, 4.000 guantes e 66 traxes.    Díaz Mouteira lembra que todo o material se está a distribuír directamente desde “a plataforma loxística que a Administración autonómica puxo en marcha para axilizar o proceso e centralizar a adquisición e o reparto de equipos de protección individual para loitar contra o coronavirus”. Os criterios de reparto están consensuados coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e realízanse en base a criterios obxectivos tendo en conta a poboación, o número de casos positivos, o número de efectivos de Policía, o número de voluntarios de Protección Civil, e o número de horas do servizo de axuda no fogar.

A Administración autonómica  leva repartido entre os municipios galegos máis de 1,4 unidades de protección individual para loitar contra a pandemia. Ao inicio da crise sanitaria e mentres que o Goberno Central non enviou material de protección á nosa Comunidade, a Xunta adquiriu directamente os equipamentos para distribuílos e, deste xeito