A Xunta recibe 40 mil mascarillas doadas pola deputación de Ourense

Publicidade

A Xunta de Galicia recibiu o segundo lote de material de protección contra o coronavirus que a Deputación de Ourense vén de doar ao Goberno galego para repartir entre concellos da provincia ourensá. Desta forma a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recibiu do presidente da institución provincial, Manuel Baltar, 40.000 unidades de protección (mascarillas) que serán enviadas á plataforma loxística posta en marcha pola Xunta para centralizar a adquisición e distribución de equipos de protección individual durante o estado de alarma. Esta doazón súmase á entregada a primeiros de abril que incluía guantes e desinfectante, ademais de mascarillas.

Díaz Mouteira puxo en valor a cooperación da Deputación ourensá coa Administración autonómica co obxectivo de atender ás necesidades dos concellos ourensáns para loitarcontra o avance da pandemia .