En Maside acordo conxunto do Psdeg-Psoe e o PP

PROGRAMA  – AVANZANDO XUNTOS – MASIDE

ACORDO CONXUNTO GRUPOS MUNICIPAIS PSDEG_PSOE – PP

AVANTAR ACTIVIDADES

Nun escenario enormemente complexo coa  impensable situación provocada pola crise sanitaria global derivada da eclosión do virus coñecido coma COVID-19 cómpre dar pasos na dirección de aportar seguridade e tranquilidade para o presente e o futuro da cidadania

No caso que nos atinxe e ao ser a administración máis próxima á veciñanza, o Concello do Maside ten unha enorme responsabilidade que acometer e que xa está a levar a cabo dende o primeiro día.

Ademais,  en consenso con tódolos membros desta corporación,  queremos por enriba da mesa unha serie de medidas que cremos que axudarían a mellorar as circunstancias nas que nos toca a todos e todas afrontar esta difícil conxuntura.

No noso concello van ser moitas as familias que padezan de xeito moi severo as consecuencias da parálise obrigada da maior parte da actividade empresarial, en especial medida os autónomos, pequeno comercio, hostaleiros, empregados por conta allea cuxas empresas vexan dificultada a súa viabilidade futura, etc….

1. TIPO DE AXUDAS ENCAMIÑADAS A POTENCIAR E MANTER A ACTIVIDADE COMERCIAL OU EMPRESARIAL DO CONCELLO DE MASIDE (PALIAR GASTOS ACUMULADOS POR PECHE OU CESE DE ACTIVIDADE DE AUTÓNOMOS E MICROEMPRESAS)

  1. Supresión (mediante solicitude) do imposto de recollida de lixo para a Hosteleria, os Autónomos e Microempresas do Concello de Maside tendo en conta a lista do IAE 2019, tanto dos exentos como dos obrigados ao pago.

Poderanse acoller a esta medidas os veciños que por motivo do Covid19 viran afectado o seu emprego e os seus ingresos familiares.

As solicitudes poderanse presentar telemáticamente na paxina do concello (www.concellodemaside.gal), ou enviando escrito a seguinte dirección de correo electrónico (concello.maside@eidolocal.es), ou presencialmente en instancia facilitada polo concello.

  • Retrasar o cobro de impostos e taxas ó abastecemento de auga e saneamento domiciliado dos tres primeiros bimestres que non se pasará a cobro ata a volta á normalidade e fraccionando segundo solicitude.

As solicitudes poderanse presentar telemáticamente na paxina do concello (www.concellodemaside.gal), ou enviando escrito a seguinte dirección de correo electrónico (concello.maside@eidolocal.es), ou presencialmente en instancia facilitada polo concello.

  • Tamén  (mediante solicitude) poderán fraccionarse o IBI e o imposto a vehículos segundo solicitude.
  • Eximir o pago de taxas por “inactividade”  ós autónomos e ó sector da Hostelería.  

Suprímese a taxa por ocupación da vía pública (mesas e cadeiras)

Na mesma iniciativa, permítese o uso do espacio público, prazas ou beirarrúas (sempre permitindo o paso dos peóns) para facilitar a actividade, ampliando ata un 100% a maiores da superficie actual

O Concello realizará as tarefas diarias de desisfección das áreas de terraza e fachada de acceso dos locais

  • PROMOCIÓN DA ACTIVIDADE  EMPRESARIAL E COMERCIO LOCAL
  1. A través da web e redes sociais do Concello poñeranse en marcha diferentes campañas que fomenten o consumo no comercio e na hosteleria local.