Comunicado do PP do Carballiño

O GRUPO POPULAR CELEBRA QUE TRANSCORRIDOS 839 DÍAS (DOUS ANOS, TRES MESES E DEZASETE DÍAS) DESDE QUE O PP PRESENTOU UNHA MOCIÓN PEDINDO UNHA ORDENANZA MUNICIPAL DE EMERXENCIA SOCIAL, ESTA SERÁ APROBADA DEFINITIVAMENTE O VINDEIRO MARTES EN PLENO.

SERÁ UNHA FERRAMENTA IMPRESCINDIBLE EN TEMPOS DE CRISES PARA MOITAS FAMILIAS E CONTARÁ CUN ORZAMENTO DE 40.000€ ATA FINAL DE ANO.

AVANTAR ACTIVIDADES

DATA MOCIÓN:                                        24/01/18

APROBACIÓN DE MOCIÓN:                   1/02/18

APROBACIÓN INICIAL:                           2/05/19

PUBLICION BOP:                                     27/05/19

PRESENTACIÓN ALEGACIÓNS PP:      19/07/19

APROBACIÓN DEFINITIVA:                    12/05/20

FOI UNHA DESIDIA TOTAL, QUE COMEZOU EN TEMPOS DA CONCELLEIRA MARIÑA ORTEGA E CONTINUOU COA CONCELLEIRA LUPE SOBRADO E SEMPRE BAIXO A BATUTA DO ALCALDE  FUMEGA, MÁXIMO RESPONSABLE ANTES E AGORA.

O Concello do Carballiño poderá contar, a partir da súa aprobación definitiva este martes 12 de maio, cunha ordenanza de emerxencia social, promovida polo Grupo Popular, e iso é o importante. Temos que poñer en valor, agora que se fai imprescindible pola crise económica que afecta a tantas persoas, a aplicación desta ordenanza.

DEIXAMOS UN PEQUENO EXTRACTO DAS POSIBILIDADES QUE OFRECE ESTA ORDENANZA PARA AS PERSOAS E FAMILIAS QUE ESTEAN OU POIDAN ESTAR EN SITUACIÓN DE EMERXENCIA SOCIAL:

a) Axudas para facer fronte aos gastos de farmacia e gastos médicos non cubertos pola Seguridade Social (dentista, lentes …) A achega será equivalente á achega do usuario, co límite máximo de 200,00 €/ano.

b) Alimentos perecedoiros como complemento ás achegas de entidades de iniciativa social, vestiario, calzado e demais indispensables para o desenvolvemento da vida cotiá: ata un máximo de 600,00 €/ano.

c) Axudas individuais para promover e facilitar a integración socio-laboral: ata un máximo de 500,00 €/ano

d) Axudas individuais para facilitar o aloxamento temporal, a prestación de recursos residenciais en situacións transitorias, ata un máximo de 1.400,00 €/ano

e) Vinculadas ao uso e mantemento da vivenda: aluguer, hipoteca, fianza, mantemento e conservación da vivenda; auga, luz, gas e gasóleo calefacción. Ata un máximo de 1.000,00 €/ano.

f) Vinculadas á mellora da habitabilidade da vivenda habitual: ata un máximo de 800 € / ano.

g) Falta de cobertura económica para a adquisición de equipamento básico para o fogar, entendéndose como tal o mobiliario e electrodomésticos básicos e de primeira necesidade. Ata un máximo de 400,00 €/ano.

h) Falta de cobertura económica para o pago dun aloxamento alternativo (hostal, pensión …) cando sexa imposible a permanencia da persoa no seu domicilio habitual por situación de catástrofe e/ou situación persoal, familiar, sanitaria ou social. Ata un máximo de 500,00 €/ano.

i) Outras non relacionadas nos apartados anteriores, consideradas de primeira ou urxente necesidade, sempre que así se xustifique suficientemente no informe social elaborado para o efecto: ata un máximo de 1.000,00 €/ano

Esta ordenanza regula as condicións que se deben de cumprir para a obtención das axudas, co fin de que non sexan utilizadas de forma caprichosa por ningún Goberno, sendo imprescindible estar empadroado no Carballiño, polo menos con 6 meses de antigüidade.

En materia social, aos 40.000 € que se destinan para esta ordenanza de emerxencia social, débense de sumar outros 30.000€ para atencións ás persoas de avanzada idade, xunto con 9.000€ para Cáritas e outros 9.000€ para Cruz Vermella. Todas elas consensuadas polos grupos políticos con representación no Concello e que se aprobarán tamén este martes 12 de maio.