O Goberno de España avanza no proxecto de saneamento integral do río Barbaña (Ourense)

IES CHAMOSO LAMAS

O BOE de hoxe publica o inicio do procedemento de Avaliación de Impacto Ambiental preceptivo á contratación das obras
As actuacións previstas de saneamento e depuración supoñerán un investimento próximo aos 30.000.000 de euros

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico avanza no proxecto de “Finalización do saneamento do río Barbaña, mellora EDAR de San Cibrao das Viñas fase II (Ourense), tal e como publica o BOE de hoxe, iníciase o procedemento de avaliación de impacto ambiental.

HIPER MASIDE

O citado proxecto dará como resultado unhas actuacións de saneamento integral do río Barbaña nas que o investimento estimado alcanzará os 29.800.000 de euros, financiado a través de Fondos Europeos; aproximadamente 12,8 mill/€ corresponden á remodelación da EDAR, 3 mill/€ aos colectores de augas fecais e 14 mill/€ aos colectores de augas pluviais e o seu tratamento” matizou José Antonio Quiroga, presidente da CHMS.
“Neste momento, a colaboración e implicación de todas as Administracións e a concienciación social e do tecido empresarial é clave para evitar os episodios recorrentes de contaminación ao río Barbaña”, concluíu o presidente.