Por primeira vez dende 1922 a novena da Santa Rita terá limitación de fieles

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A NOVENA DE SANTA RITA CONTA ADEMAIS CON GRAN TRADICIÓN, DESPRAZÁNDOSE MOITOS VECIÑOS DO CARBALLIÑO E MASIDE ATA A IGREXA DE DACÓN

Dende 1922 que se levantou a igrexa de Santa Rita de Dacón sempre se celebrou a novena de Sta Rita coa asistencia de moitos veciños da comarca. Este ano, a pandemia fixo que o seguimento de culto desta celebración teña que ser a través das redes sociais e dos medios coma este ou a radio. Dende o 13 de maio ata o 21 terá lugar a misa da novena das sete as nove da tarde seguindo as recomendacións sanitarias.

VIDEO

Os lugares de culto relixioso abren de novo as súas portas co inicio dá fase 1 pero só poderán congregar a un terzo do seu aforo previsto e estableceranse estritas medidas de seguridade e distanciamento. En ningún caso poderanse distribuír obxectos, libros ou folletos e tampouco tocar ou bicar obxectos. Tampouco están permitidos rituais con auga. Así mesmo, por agora non pode haber coros.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Para facilitar que os feligreses poidan seguir as misas, xa que como saben, o aforo está limitado ao 30% e a estas celebracións achéganse moitos fieis, nos emitiremos nesta canle as novenas de Santa Rita:

Circunstancias que non vivimos prácticamente dende hai 100 anos coa epidemia da gripe española, que precisamente nesta parroquia lembran moi ben xa que o párroco de aquel entón faleceu con motivo desa enfermidade.

O día propio da festa, Badal Tv cubrirá tamén a celebración da misa solemne na honra de Santa Rita, que este ano pola alerta sanitaria será mais sobria, sen baixar nin tocar a imaxe e sen procesión; pero sen esquecer din dende a parroquia, a esencia da vida da santa e a súa cercanía, unha muller que precisamente dedicouse ao coidado dos enfermos contaxiados da epidemia de peste no século catorce:

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------