O Concello de Beade, libre de coronavirus, retoma a súa actividade

IES CHAMOSO LAMAS

Beade, un concello tranquilo, dos máis pequenos da comarca do Ribeiro con menos de 400 habitantes, sorprendeunos a todos cando ao inicio da pandemia comunicou que dous dos seus veciños deran positivo en coronavirus. Dende aquel momento, puxeronse mans a obra para desinfectar toda a vila, proveer aos veciños de mascarillas, guantes e xel hidroalcoholico así como dos alimentos ou medicinas que puideran necesitar durante o confinamento.

O respeto das normas de seguridade e hixiene fixo que agora mesmo podan decir dende Beade que é un concello libre de coronavirus e que comeza a rexurdir a actividade.

O CAMPO DA FEIRA NON SE PECHA

VIDEO

Entre esa actividade que retoman en Beade están as obras. Neste intre lévanse a cabo obras de humanización e saneamento da Praza de España e no tramo ata a estrada. As obras están subvencionadas polo concello, a Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense.