A residencia do Cornuval e trece centros máis de Ourense reciben móbiles, tablets e radio transistores

IES CHAMOSO LAMAS

Catorce centros residenciais de ourense reciben móbiles, tablets e radio transistores para facilitar aos seus usuarios a comunicación e o entretemento durante o confinamento

  • A delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, explica que esta medida forma parte do Plan Social de continxencia posto en marcha polo Goberno galego
  • Agradeceu a entrega e o esforzo do persoal destes centros durante unha videoconferencia que mantivo coa dirección das tres residencias de titularidade e xestión propia da Xunta
  • Estes dispositivos foron cedidos por Cenor electrodomésticos, a compañía telefónica Orange, a Fundación Profuturo, La Caixa e Electrodomésticos Domínguez S.L. (Star Electrodomésticos)

As doazóns foron recibidas na Consellería de Política Social e na Vicepresidencia

HIPER MASIDE

Catorce centros residenciais de maiores, atención á discapacidade e de menores da provincia de Ourense recibiron 75 teléfonos móbiles e tablets para facilitar a comunicación dos usuarios cos seus familiares durante as medidas de confinamento que se están a producir durante a emerxencia sanitaria. Ademais, se entregaron 50 aparatos de radio. Todo este material é froito de doazóns solidarias de empresas galegas.

Os dispositivos móbiles, que foron cedidos por Cenor electrodomésticos, a compañía telefónica Orange, a Fundación Profuturo e La Caixa, serven para manter o contacto entre os residentes e as súas familias xa que esta situación derivada da pandemia provocada polo COVID-19, impide as visitas nos centros residencias desde o pasado 16 de marzo como precaución para conter o avance do virus.

Ademais, nas tres residencias de maiores de titularidade e xestión propia da Consellería de Política Social repartíronse 50 radio transistores doados por Electrodomésticos Domínguez S.L., a través da Vicepresidencia.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, xunto coa xefa territorial da Consellería de Política Social, María José Fernández Laso, mantivo hoxe unha reunión por videoconferencia coa dirección das residencias de maiores públicas da provincia para escoitar as súas necesidades e para avaliar esta iniciativa da Administración autonómica posta en marcha para a intentar mitigar a restrición de visitas imposta polo decreto de alarma e de emerxencia sanitaria.

Díaz Mouteira indicou que con estas achegas se procura dar solución a unha situación que preocupaba ás persoas que viven nos centros residenciais de servizos sociais e ás súas familias. Aínda que se intensificou o contacto telefónico nestes centros, decidiuse dar un paso máis e facer uso dos avances tecnolóxicos para que poida producirse tamén un contacto visual. Doutra banda, engadiu que coa entrega das radios “aspiramos lograr que os nosos maiores, ademais de informados, estean entretidos coa programación radiofónica que máis lle guste”.

Os centros beneficiados por esta achega solidaria empresarial pertencen aos concellos de Bande, Baños de Molgas, Barbadás, O Carballiño, Castro Caldelas, Larouco, Taboadela, Viana do Bolo, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Vilardevós.

Díaz Mouteira quixo poñer en valor esta doazón de dispositivos móbiles e aparatos radiofónicos xa que é “unha mostra máis da solidariedade que todo o tecido social galego está a amosar nesta pandemia, xa que desde o primeiro momento se puxeron en contacto coa Administración autonómica, para facer chegar a súa axuda”.

Plan social de continxencia

A representante do Goberno galego lembrou que esta iniciativa forma parte do Plan social de continxencia no que tamén se atopan medidas como o teléfono social (900 400 800), que está á disposición das persoas que teñan dúbidas básicas, que necesiten acompañamento ou atención psicolóxica e que atendeu desde a súa posta en marcha máis de 2000 chamadas.


En segundo lugar, o seguimento telefónico aos 14.400 usuarios de centros de día e ocupacionais e, para os fogares que o necesita, o reparto de comida a domicilio, que xa chega a 250 familias máis.  Un correo electrónico para a detección rápida de situacións de risco (atencionsocialemerxencia@xunta.gal).

En terceiro lugar, Díaz Mouteira referiuse á axuda económica para os nenos que dispuñan dunha bolsa de comedor da súa escola infantil, colexio ou instituto, das que se beneficiarán máis de 51.000 fogares galegos. Un Servizo de Axuda no Fogar (SAF) extraordinario para as persoas que necesiten coidados a domicilio, por un importe de 6 millóns de euros.

O Goberno galego tamén procedeu á exención das cotas das escolas infantís, centros de día e ocupacionais con financiamento público e publicouse a maior orde de axudas da historia de Galicia destinada ás entidades de inclusión social, por un importe de 18,3 millóns de euros.

E por último, a Xunta adiantou preto dunha semana o pagamento da Renda de inclusión social de Galicia (Risga) do mes de abril para aliviar a economía doméstica de 10.000 familias galegas. Trátase dunha medida pioneira na nosa comunidade para a que o Goberno galego destinou un investimento de 4,5 millóns de euros.