O Concello do Carballiño, a través da Concellería de Educación, vén de rematar a cuberta do patio do edificio Uceira do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo. A cúpula instalada permite que alumnado e docentes poidan desfrutar das instalacións exteriores do centro aínda que as condicións metereolóxicas sexan desfavorables.
A intervención, moi demandada pola comunidade educativa, supuxo un investimento de preto de 100.000 euros por parte do goberno local. A cuberta, de preto de 10 metros de altura, é altamente resistente, ignífuga e inclúe protección específica contra os raios de sol. Ademais, conta cunha rede completa de recollida de augas pluviais para evitar goteiras.
A concelleira de Educación, Lorena Castro, pon en valor a actuación, xa que ata o de agora o espazo exterior cuberto do centro “era insuficiente” para o elevado número de estudantes. “Era moi necesario que tivesen esta zona para poder xogar no patio independentemente da chuvia ou do sol”, apunta.


















