A D.O Ribeiro presenta en Baiona o seu novo festival ribeiro Son de Viño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A cita celebrarase o 13 de agosto na Huerta do Parador de Baiona

O C.R.D.O. Ribeiro presentará o xoves, 4 de agosto, o cartel definitivo e as adegas participantes da súa primeira edición do festival Ribeiro Son de Viño en Baiona, que se celebrará na Huerta do Parador de Baiona o sábado 13 de agosto durante todo o día.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A presentación do festival Ribeiro Son de Viño Baiona 2022 celebrarase no restaurante Recuncho Mariñeiro de Baiona ás 12.30 da mañá. Tras o acto ofrecerase un viño de cortesía.

Na presentación participarán o presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan Manuel Casares e o director do Parador de Baiona, Francisco Plaza e representación das adegas participantes nesta primeira edición do festival: Adega Viña Carpazal, Arco da Vella-A adega de Eladio, Bodega Alanís, Canción de Elisa, Catro Parroquias, Cuñas Davia, Eduardo Peña, Grupo GRM, O Cotarelo y Viña Costeira.