Obras en Maside

PROXECTO:

Publicidade

“HUMANIZACIÓN E PAVIMENTACIÓN DA RÚA ALAMEDA E DA RÚA VELLA EN MASIDE”

NÚMERO DE OBRA (PLANS PROVINCIAIS): 49/POS/2019

ORZAMENTO: 48.000,00 €

PRAZO DE EXECUCIÓN:  3 MESES

OBXECTO:

RÚA ALAMEDA:

Mellora do pavimento da rúa e instalacións desta. Na actualidade, a vía está realizada cun pavimento asfáltico deteriorado, que presenta abundantes fochancas e desconchados. Así mesmo, hai varias reixas e sumidoiros que se atopan obstruídas e tapas de arquetas que haberá que repoñer á nova altura do pavimento definitivo.

Proponse un novo firme bituminoso en quente de 5 cm de espesor sobre o pavimento existente, previamente fresado, preparado e limpo.

Realizarase unha nova beirarrúa lindeira coa Alameda, previo corte e picado do pavimento existente e que formará co paseo central da fermosa Alameda un circuido circular para o paseo e disfrute da veciñanza.

Así mesmo esa beirarrúa garantizará a seguranza ó numeroso transito peonil que fai uso desta rúa para acceder tanto o Pabellón de Deportes, como a Casa da Cultura, como o edificio do Colexio Vello, onde no futuro prevese centralizar as actividades culturais do concello.

A actuación complétase coa execución dun sumidoiro de recollida de pluviais conectado a un pozo existente e co pintado das marcas viarias horizontais.

Evidentemente, o Concello asume con esta obra a necesidade mellorar a rúa municipal que probablemente teña maior cómputo de tránsito total (rodado e peonil), debido aos equipamentos culturais e deportivos aos que conduce (casa da cultura, colexio vello, pavillón de deportes e pistas deportivas ao aire libre de futbol sala, tenis, baloncesto e bádminton).

E non só se mellora o firme da rúa senón que, a maiores, segrégase o tráfico peonil do rodado coa nova beirarrúa, medida coa que sen dúbida se mellorará a seguridade de ámbolos dous tipos de tráfico, especialmente o peonil.

RÚA POUSIÑA (RÚA VELLA):

Mellora da rede municipal de saneamento (recollida de pluviais).

Proponse a realización de dous novos pozos de rexistro e a canalización entre os mesmos polos problemas existentes nesa rúa en época de trebóns e tormentas.

O Concello asume con esta obra a necesidade de ampliar a sección da rede municipal para dar resposta aos excepcionais aumentos de caudal de choiva que se producen os días de fortes treboadas, en previsión dos posibles danos materiais que estes puideran causar.