As brigadas de Seaga limpan as fincas de Albarellos e Xurenzás

As brigadas de seaga limpan as fincas de albarellos e xurenzás, parroquias priorizadas do concello de boborás e procedese ao pintado de líneas horizontais en varios viais

Dende a semana pasada comezaron estas brigadas a facer a limpeza de fincas dos veciños de Albarellos e Xurenzás que asinaron o convenio con Seaga para levar a cabo estes traballos.

AVANTAR ACTIVIDADES

O concello de Boborás informa ao resto dos veciños que se están interesados ainda están a tempo de adherirse a este convenio e así ter limpas as súas fincas, que lembra que é unha obriga e ademais é unha forma de protexer os núcleos.

VIDEO

Lembramos que a Xunta publicou a pasada semana no DOG a encomenda á empresa pública Seaga do control da biomasa nas marxes das estradas autonómicas para a prevención de lumes. O contrato inclúe a roza de vexetación no dominio público das vías, así como o acondicionamento de zonas verdes na contorna de sendas e glorietas. As actuacións contribuirán á eliminación de especies pirófilas como o piñeiro, o eucalipto ou a acacia nas marxes das estradas.

E por outra banda, a estrada provincial 0U-0417, entre a N-541 e o Irixo, que pasa pola Saleta, Fondo de Vila, Xurenzás, Prado e Ventosa, dentro do termo municipal de Boborás e a OU-0415 entre Brués e Feás, serán pintadas as liñas horizontais de ambos viais.

Esta intervención será levada a cabo pola Deputación de Ourense, logo de que dende o Concello se fixera a solicitude para dita intervención.

Ambalas dúas son actuacións demandadas pola veciñanza usuaria destes viais, sobre todo por un tema de seguridade, posto que en días de néboa e nos que a visibilidade é menor son unha boa guía para poder circular con garantías.