Hoxe comezarian os días grandes das Festas da Santa Rita en Dacón

HOXE COMEZARÍAN OS DÍAS GRANDES DAS FESTAS DE SANTA RITA DE DACÓN. OS MEMBROS DA COMISIÓN ORGANIZATIVA ANIMAN AOS VECIÑOS E AVISAN DE QUE PARA O ANO QUE VEN VOLVERÁN CON MAIS FORZA

En Dacón, Maside, celebranse unhas das festas con máis tradición desta comarca, as de Santa Rita de Dacón, que reúne a miles de personas de toda Galicia durante a súa celebración. A pandemia do COVID-19 obrigou a suspender as festas dos 22 e 23 de maio e os eventos previos: a concentración de clásicos, a ruta a cabalo e a cea popular. A comisión e os veciños, lamentan moito o sucedido con esta crise sanitaria e que iso impida a celebración desta festa tan tradicional. Rodolfo, da comisión de festas, contábanos en pasados días as actividades previstas parae hoxe e mañá , agradeceu a todos os profesionais que ían a participar a súa comprensión e aproveitou este medio para animar aos veciños e lembrarlles que o vindeiro ano retomaráse a festa con mais forza se cadra.

AVANTAR ACTIVIDADES

VIDEO