A Ínsua dos Poetas acolle mañá o Día da Poesía, a Árbore e Auga coa participación dos centros de ensino da comarca

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello do Carballiño colabora na celebración do Día da Poesía, a Árbore e a Auga na Insua dos Poetas, situada na localidade da Esgueva, na parroquia de Madarnás. O espazo cultural, dirixido polo poeta Luis González Tosar, impulsa mañá, 18 de marzo, esta cita tan especial que contará coa participación de preto de 500 estudantes de centros educativos da comarca do Carballiño e da cidade.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


O evento, adicado á figura de Ramón Otero Pedrayo, incluirá actuacións de alumnado do CEIP Calvo Sotelo, CPR Vila do Arenteiro, IES Chamoso Lamas, CEIP Xuvencos, CPI Terras de Maside, CEIP Virxe da Pena da Sela, CPI Virxe da Saleta, CEIP Amadeo Rodríguez Barroso e CEIP Virxe de Covadonga.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A xornada comeza ás 11,00 horas coas intervencións dos estudantes e rematará coa plantación de árbores autóctonas.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------