A Garda Civil detecta en Avión a un multireincidente que carecendo de permiso de condución circulaba triplicando a taxa máxima de alcol.

O home acumulaba faltas penais cuxas sentenzas lle inhabilitan para conducir vehículos de motor ata 2023.

Este Xoves Axentes pertenecentes ao Destacamento de Tráfico de Ourense, especializados no seguimento de “condutores de risco”; aqueles que potencialmente puidesen ser reincidentes na comisión de ilícitos penais, atopábanse prestando servizo de vixilancia no termo municipal de Avión.

AVANTAR ACTIVIDADES

Sendo as 19 horas da tarde interceptaron a un condutor de 59 anos veciño da citada localidade que conducía un vehículo turismo concretamente á altura do quilómetro 18 da OU-212, o cal segundo base de datos DXT carecía de permiso de condución, información esta que obraba en mans dos Axentes.
Identificado o condutor e constatada a súa situación administrativa respecto da autorización para conducir vehículos de motor, fíxose patente para os Axentes a comisión simultanea de tres delitos; circular non obtendo nunca permiso de condución algún de vehículos de motor, circular quebrantando unha condena previa de suspensión do permiso de condución, e efectuada a correspondente proba de alcoholemia a criterio dos signos de influencias alcohólicas observados polos Axentes; conducir cunha taxa de 0´83 mlg/ l e 0´69 mlg/ l máis do dobre da taxa máxima permitida en aire expirado.
Por todo iso os Axentes instruíron para procedemento ordinario as correspondentes dilixencias que serán remitidas ao Xulgado de Ribadavia.

Consecuencias penais dos feitos acaecidos. O feito de conducir un vehículo de motor sen obter nunca o permiso de condución, está a contemplar como un ilícito penal no artigo 384 do noso Código penal , e puidese carrexar penas de prisión de 6 meses a 2 anos , multas a razón de 12 a 24 meses e ata 90 dias de servizos á comunidade. Conducir con taxas de alcol superiores a 0.60 mlg/ l puidese carrexar privación de libertar de 3 meses multas a razón de ata 12 meses, 90 días de servizos á comunidade e ata 4 anos de suspensión do permiso de condución, penas previstas no Art. 379.2 do C. P.

No caso que nos ocupa sumariamos a pena engadida de circular quebrantando unha condena previa que puidese ampliar a suspensión ata a metade da condena previa.
Multireincidente: O investigado vén acumulando antecedentes con numerosos ilícitos penais ás súas costas en materia de seguridade viaria; xa en 2009 foi imputado por circular carecendo de permiso de condución, e posteriormente en 2013. En 2014 e 2018 instruíronselle dilixencias novamente por circular carecendo de permiso de condución e con taxas de alcoholemia superiores a 0.60 mlg/ L. Reincidiría novamente nestas últimas condutas en maio e novembro de 2019.
A Garda Civil ven detectando delitos contra a seguridade viaria e numerosas infraccións moi graves a pesar de reducirse o tráfico, durante a crise sanitaria nun 95%; a maioría dos delitos instruídos están vinculados á condución sen permiso de condución e ao consumo de alcol arroxando taxas superiores a 0.60 mlg/ L. É de esperar que nas vindeiras fases de desescalada teña lugar un paulatino aumento da circulación, neste marco de normalidade manterase a relevancia no seguimento de condutores de risco.