Espazo Común: o balance dun ano de goberno no Carballiño só ten un título: “enganos, mentiras e pelotazos”.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Máis de 30.000.000 de € vai custar á veciñanza a hipoteca que van deixar para os vindeiros anos as políticas privatizadoras do alcalde Fumega.    

Xa vai cumprida unha cuarta parte do mandato con maioría con absoluta outorgado pola cidadanía do Carballiño ao alcalde Fumega e é, polo tanto, bo momento para un primeiro balance:

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O ciclo xa comezou mal cando, sen anuncio previo, Fumega compuxo o goberno máis caro da historia do Carballiño. Catro concelleiros cobrando un soldo e outro máis percibindo un xeneroso salario de 41.000 € anuais da Deputación nunca antes ocorrera.

Da acción política deste goberno tan só saen del iniciativas relacionadas coa organización de verbenas, propostas para dar pelotazos coa privatización de servizos públicos e, sobre todo, unha interminable ristra de enganos e mentiras.

Os pelotazos que van deixar as políticas de Fumega para os vindeiros anos ascenden a máis de 30.950.000 de €  nos que o Concello do Carballiño vai quedar hipotecado con diferentes empresas para que executen servizos públicos. A seguir detallamos só unha pequena mostra destes enganos e dos proxectos confirmados de privatización:

ENGANOS E MENTIRAS:

  • TOMADURA DE PELO AOS VECIÑOS DE ARCOS COA NON PARALIZACIÓN DOS SEUS RECIBOS DO LIXO DESPOIS DE TERLLO COMPROMETIDO
  • ANUNCIO DA SINATURA DUN CONVENIO CON MASIDE PARA A AMPLIACIÓN DO CHAN INDUSTRIAL QUE RESULTOU SER FALSO
  • CONFIRMACIÓN DA PERDA DA SUBVENCIÓN DE 330.000 € PARA O OBRADOIRO DE EMPREGO DESPOIS DE NEGALO EN PLENO E NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN. HOUBO QUE CHEGAR A UN PLENO EXTRAORDINARIO PARA CLARIFICAR A VERDADE
  • NA OBRA DA ALAMEDA COMEZOUSE A OBRA EN MARZO, ANTES DAS ELECCIÓNS E TRAS VARIAS DATAS FALSAS REMATOUSE EN DECEMBRO CUN CUSTO INEXPLICABLE DE 170.000 €
  • NEGARON O DESVÍO DE CARTOS DO ORZAMENTO DE EMPREGO AO DE FESTEXOS CANDO ESTÁ REFLEXADO EN DECRETOS DE ALCALDÍA E NA CONTABILIDADE MUNICIPAL
  • NAS OBRAS DAS RÚAS QUE UNEN J.R. SOTO COA AVDA. DO BALNEARIO MENTIUSE SOBRE O PROXECTO E A CANALIZACIÓN DE AUGAS ADEMÁIS DE COS PRAZOS E O CUSTE DA OBRA
  • CANCELACIÓN DE DÉBEDAS CO CONCELLO A ALGÚNS “AFORTUNADOS” QUE PRIMEIRO ERAN UNS POUCOS E XA VAI EN 70.000 €. SEGUIMOS AGARDANDO A QUE SE NOS FACILITE A DOCUMENTACIÓN
  • IMPORTE DE 250.000€ ADICADO AO FÚTBOL EN 2019 TENDO QUE PAGAR OS NENOS DA ESCOLA MUNICIPAL OS DESPRAZAMENTOS DO SEU PETO
  • CRITERIOS DE AMIGUISMO PARA O REPARTO DE MASCARILLAS
  • FUMEGA AFIRMOU VARIAS VECES EN PLENO QUE LEVABA NO SEU PROGRAMA A PRIVATIZACIÓN DE TÓDOLOS SERVIZOS. QUEDOU DEMOSTRADO QUE É QUEN DE MENTIR SOBRE O SEU PROPIO PROGRAMA QUE ESTÁ ESCRITO.

            PELOTAZOS

  • INCUMPRIMENTO DO ACORDO  DE REMUNICIPALIZACIÓN DA RECADACIÓN : CUSTO EMPRESA = 1.250.000 €
  • ANUNCIO DA PRIVATIZACIÓN DO LIXO POR PRIMEIRA VEZ NA HISTORIA DO CARBALLIÑO: CUSTO EMPRESA = 11.000.000 €
  • PRIVATIZACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR POLA PORTA DE ATRÁS SEN CONVERSAS CON OPOSICIÓN OU TRABALLADORAS. CUSTO EMPRESA = 4.700.000 €
  • ANUNCIO DA PRIVATIZACIÓN DO PARQUE ETNOGRÁFICO
  • ANUNCIO DA NON REMUNICIPALIZACIÓN DO SERVIZO DE AUGAS : CUSTO EMPRESA = 14.000.000 €

CUSTO TOTAL DA PRIVATIZACIÓN DESTES SERVIZOS= 30.950.000 €

Polo ben do Carballiño, agardamos que esta situación mude de xeito urxente e o goberno comece a responsabilizarse das súas tarefas. Este pobo non pode permitirse o luxo de perder máis tempo nin regalar máis cartos a empresas.