Prorrogado ata o 16 de xullo o prazo para manter limpas de maleza as parcelas e fincas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Prorrogado ata o 16 de xullo o prazo para manter limpas de maleza as parcelas e fincas próximas a vivendas e bens, en prevención do perigo polos incendios forestais

BANDO

O Carballiño, 25 de maio de 2020.- O concello do Carballiño acaba de publicar un bando recordando que, ante a chegada do verán, e a cantidade de incendios que houbo nos últimos anos, e sendo conscientes de que existen moitas parcelas con maleza, próximas ás vivendas e bens, con  potencial  perigo de incendios, os propietarios de ditas parcelas teñen a obrigatoriedade de mantelas limpas nunha franxa de 50 metros perimetral ao chan urbano, de núcleo rural e urbanizable delimitado, así como arredor das edificacións, vivendas illadas e urbanizacións, depósitos de lixo, parques e instalacións industriais, situadas a menos de 400 metros do monte.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Nos primeiros 15 metros non poderán existir repoboacións forestais de ningún tipo. Establécese que dos 15 aos 50 metros non poderá haber árbores consideradas de alto risco de incendio, plantas de porte arbóreo como coníferas e eucaliptos, aínda que tamén arbustos e plantas herbáceas como mimosas, fentos, xestas, carqueixas, silvas, toxos e outros.

Así mesmo, no caso de campings, gasolineiras e industrias nas que se desenvolven actividades perigosas, as distancias sinaladas para esta disposición serán de 50 metros dende o límite das instalacións.

Se ben, a xestión da biomasa debería ser executada antes do 31 de maio de cada ano, debido ao Estado de Emerxencia pola situación da pandemia do Covid-19, este prazo prolóngase ata o 16 de xullo.

Polo tanto é de obriga a limpeza das devenditas parcelas, e no caso de non cumprila, o concello realizará subsidiariamente os traballos de limpeza. O custo da actuación recaerá nos titulares segundo as taxas, infraccións e sancións da ordenanza municipal.