Os socialistas consideran “intolerable” que “cargos do PP ou tiveran información privilexiada ou prediciran o futuro coñecendo, antes do anuncio, prazos de axudas que se conceden por orde de rexistro”
Gómez dixo que “se venderon nas RRSS axudas antes de estar publicadas” logo de advertir “de información privilexiada” con prácticas tipificadas como presunto tráfico de influencias
Ourense, 29 de maio de 2020. Os socialistas denunciaron hoxe que cargos e alcaldes do PP de Ourense usaron redes sociais personais e institucionais como Facebook e Whatsapp, co fin de alertar da apertura de prazos para solicitar axudas da Deputación Provincial sobre a COVID-19, antes da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP). Desde o PSdeG-PSOE consideran “intolerable” que “os cargos máis próximos a Baltar ou tiveran información privilexiada ou foran capaces de predicir o futuro coñecendo, días antes do anuncio formal no BOP, os prazos dunhas axudas que se conceden só ata esgotar fondos dispoñibles e segundo a orde de rexistro”.
O deputado, Nacho Gómez, asegurou durante o pleno ordinario de maio da Deputación que, ante estes feitos, parece evidente que “se venderon axudas antes de estar publicadas” mentres amosaba publicacións en redes sociais da de deputada e alcaldesa, Ana Villarino, ou dos perfís institucionais dos concellos de Boborás ou Ribadavia -gobernados polos conservadores- antes da obrigada publicidade no boletín oficial. “Aquí falamos de información privilexiada”, denunciou antes de advertir que, “polo de agora non entramos nas chamadas telefónicas, incluso días antes, que houbo e que xa se saberán”.
“Esta é a forma de facer política e de axudar aos cidadáns?” preguntou Gómez logo de dar lectura á descrición do delito de tráfico de influencias tipificado no Código Penal. “Isto chámase delito e está probado a pesar de que algunhas das persoas, para colmo, trataron de borrar o que aconteceu, pero témolo gardado”, insistiu logo de preguntar ao pleno “que cargo público sabe cando se van publicar axudas no BOP, porque se o saben algún ou algunha está caendo no texto que lin antes”. “Non imos tolerar estas malas prácticas”, concluí