Hoxe parece que existe unanimidade en concluir que nesta pandemia que estamos a vivir hai unha serie de traballador@s que diron e están a dar o millor deles para procurar as atencións precisas e imprescindibles tanto sanitarias como de servizos ao resto da sociedade.
AUDIO Clic na Imaxe

Enterámonos polos medios de comunicación, que o alcalde de O Carballiño ten previsto entrevistarse ca Consellería de Política Social para coñecer cales son as previsións para poñer en funcionamento a Residencia do Tempo Libre nesta tempada, e procurar a dinamización económica da nosa vila. Dende o BNG, coidamos que ésta podía ser unha oportunidade de ofertarlle precisamente a ést@s traballador@s, a posibilidade de ter, xunto coas súas familias un merecido descanso nas instalacións da residencia do Carballiño.
Polo exposto, e a través deste escrito, trasladámoslle ao alcalde esta proposta para que a propoña na Consellería e que sexa esta a que nas condicións que considere faga súa ésta iniciativa que mesmamente é compatible ca oferta habitual que poidera facerse no caso que non se ocuparan todas as prazas dispoñibles. Coidamos que a nosa proposta é de xustiza e permitiría amosar a cara mais agradecida e solidaria d@s carballiñes@s.