O Psdeg-Psoe de Castrelo de Miño denuncia a “ausencia total de democracia” instaurada polo novo goberno

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O psdeg-psoe de castrelo de miño denuncia a “ausencia total de democracia” instaurada polo novo goberno “ilexítimo” e que non permite aos socialistas levar a cabo o seu traballo municipal

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Os socialistas presentaron dúas mocións co tempo suficiente e seguindo o protocolo oficial, pero o alcalde optou por non incluílas na orde do día a pesar da escaseza de puntos na orde do día

A voceira socialista, Catalina González, denuncia o “desleixo” a que se veu sometida no pleno, cun grupo de goberno que “non se dignou a responder as preguntas dos socialistas e optou polas faltas de respecto”

O PSdeG-PSOE de Castrelo de Miño denuncia a “ausencia total de democracia” instaurada polo novo goberno municipal “ilexítimo”, que chegou ao poder por medio do transfuguismo e que non permite que o grupo municipal socialista leve a cabo e desenvolva o seu traballo municipal durante os plenos no municipio. Os socialistas consideran que estas prácticas “antidemocráticas e caciquís” están “fóra de lugar” e amosan que o concello se instaurou nas prácticas habituais do instigador da moción de censura, José Manuel Baltar.

O Grupo Municipal Socialista presentou dúas mocións para o seu debate no pleno de onte. A pesar de telas rexistrado con tempo máis que suficiente e seguindo as canles oficiais habituais, o grupo de goberno co alcalde Avelino Pazos a cabeza, optou por non incluílas na orde do día. A voceira socialista denuncia que “é intolerable que nun pleno que apenas levaba puntos na orde do día, se eliminen as nosas mocións”. Unha situación que para os socialistas ven a demostrar que “o novo goberno municipal non veu a traballar pola veciñanza do municipio, senón a encher os petos con dedicacións exclusivas e con postos a dedo”. Ante a negativa do grupo de goberno a debater as mocións dos socialistas, a súa voceira solicitou por rexistro un informe xurídico da secretaria para que “se nos indique cal foi a motivación para non incluír as nosas mocións na orde do día”.

As prácticas antidemocráticas do novo goberno municipal de Castrelo de Miño tamén se estenderon o apartado de rogos e preguntas. A socialista González Álvarez denuncia que ante as preguntas dos socialistas, a resposta do Partido Popular e dos tránsfugas foi “o silencio, o desleixo e a negativa a responder calquera dos nosos rogos ou preguntas”. A voceira do PSdeG en Castrelo tamén denuncia as faltas de respecto dun dos tránsfugas que deu o goberno ao PP que “pasou o pleno mirando para min e rindo, namentres o resto de membros do grupo de goberno me negaban a palabra e impedían o meu traballo en favor da veciñanza”.

Os socialistas solicítanlle o PP que se deixe de “caciquismo e prácticas antidemocráticas” e que se poña “dunha vez” a traballar por un municipio “desleixado e abandonado”, que precisa “iniciativas” para saír adiante. Catalina González tamén lle esixe ao grupo de goberno que cualifica de “ilexítimo”, pola situación que provocou a súa chegada ao poder, que “teñan respecto e que dean respostas as inquedanzas do PSdeG, permitan debater as mocións e cumpran un dereito fundamental no consistorio como é a liberdade de expresión”.