Jacobo Senín suma o cuarto triunfo da tempada en Ponte Caldelas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Jacobo Senín, aos mandos da Nova Proto, foi o vencedor e dominador da sexta edición da Subida a Ponte Caldelas, quinta proba puntuable para o Campionato Galego.

Cun clima variable na xornada do sábado e soleado no domigo, o piloto da Escudería Estradense non deu opción aos seus rivais, confirmando o seu póquer de triunfos este ano no campionato autonónomico, cun tempo final de 4:17.079.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

No segundo posto da clasificacion xeral, a 13 segundos do primeiro clasificado e no que foi o retorno ao fórmula Céltic – Dicode clasificouse Alexis Vieitez, que foi protagonista da anécdota do domingo ao perder o pontón traseiro na segunda ascensión oficial, sen maiores daños que a propia fibra do elemento do vehículo.

Completou o podio en Ponte Caldelas o piloto ourensán Abrahán Vázquez, que non tivo un domingo fácil, xa que sufriu varios percances que non lle permitiron pelexar con Vieitez polo segundo posto da xeral, quedándose a 21 segundos de Senín.

Daniel Rodríguez (vencedor no Trofeo CreyCo CM) e Alfonso “Pisko” Ventín, o máis rápido entre os participantes da clase 9 (carcross), foron cuarto e quinto clasificados, respectivamente.

Entre os carrozados, victoria para Jorge Pérez Alonso, que no seu habitual Porsche 991 GT3 Cup marcou a pauta para ascender ao más alto da clasificación (8º da clasificación xeral). A continuación, Manuel Senra no Peugeot 306 Maxi e Pablo Rey, nunha participación esporádica no Campionato Galego de Montaña no Suzuki Swift N5.

Entre os participantes na categoría de regularidade, primeiro posto para o equipo composto por Diego Vidal e Gladis Iglesias, con 58488 puntos. Sito Cabral e José Manuel Quintas foron segundos e Cristian Castro e Mario Martínez, terceiros.