Moción de Ribeiro en Común sobre as áreas recreativas

O GRUPO MUNICIPAL DE RIBEIRO EN COMÚN, a través do seu portavoz presenta
para a súa aprobación a seguinte

Publicidade

MOCIÓN PARA QUE O CONCELLO DE RIBADAVIA ACONDICIONE AS SÚAS ÁREAS RECREATIVAS E DE LECER ANTES DO VERÁN

Nas portas da tempada estival a situación das principais áreas recreativas e de baño
atópanse en estado de abandono, outras sen limpar, e outras en situación claramente
mellorables.

A Veronza, no río Avia.

  • Piscina municipal que precisa con urxencia melloras puntuais para este verán e
    a súa adaptación aos novos tempos.
  • Zonas de baño no río Avia totalmente deterioradas e abandonadas, zonas que
    noutra hora eran un exemplo agora están totalmente abandonadas.
  • Melloras na limpeza e mantemento do parque “Veronza Vella”, cuxa situación
    xeral é amplamente mellorable.

O Muíño da raíña, no río Avia. Unha potencial zona de lecer moi próxima ao casco
histórico que en outra vilas históricas non dubidarían en reformar e acondicionar polo
seu potencial para uso de lecer e esparcemento da veciñanza de Ribadavia e de
visitantes. A súa situación é desatrosa, desde a zona de area e praia ata a zona do
muíño. As súa inmediacións atopase chea de arbores e leña seca. A pesar da súa
situación é unha zona moi empregada no verán.

A Barca, na desembocadura do río Avia no río Miño. No seu día chegou a existir un
pantalán sendo unha zona de baño xa desaparecida. Esta zona fai un tempo foi
mellorada, e sen embargo a día de hoxe pouca mellora existe debido á ausencia de
mantemento.

O Pociño, no río Outeiro en Francelos. Fai anos que esta zona é desbrozada por un
grupo de veciños de Francelos, coa colaboración do Concello antes do verán, sen
embargo a fermosura deste enclave está claramente desaproveitado xa que estamos
nunha zona de pozas naturais única no noso municipio

San Cristovo, no río Avia. Un exemplo máis dunha área que no pasado foi unha zona
moi empregada de baño e lecer, e que a día de hoxe está en desuso.
A área de San Cristovo, desde o Muíño ata a ponte sobre o Avia, é sen dúbida a área de
baño e lecer maior ausencia de coidado e mantemento.

San Paio e Ventosela, no camiño do pendurado, no río Miño. O goberno municipal
vive de costas ao río Miño, non é consciente de que Ribadavia tamén ten río Miño e
tamén ten encoro que tan ben aproveita o concello veciño de Castrelo. Sen embargo
nunca se ten en conta este enorme potencial, non só para a veciñanza de San Paio,
Ventosela, A Groba ou Sanín, senón como ferramenta turística de todo o municipio.
A zona de praia de Ventosela e a zona do Pantalán deben ser melloradas, e o Pantalán
arranxado ou retirado

Prexigueiro, no río Cerves. A zona de baño no río Cerves xa foi abordada en diferentes
Plenos na anterior lexislatura polo noso grupo, e no último Pleno tamén a petición do
grupo municipal do PSOE. Esta zona ten un enorme potencial e sen embargo atopase
en moi mala situación polo actual goberno a pesar de estar na zona turística e termal
de Prexigueiro.

Por estes motivos propomos ao Pleno do Concello de Ribadavia a adopción do
seguinte ACORDO:

• Que o Concello de Ribadavia recupere as súas principais zonas e áreas de
recreo e baño en situación de abandono e deterioro.
• Que o Concello de Ribadavia antes do verán acometa medidas urxentes
de pequenas melloras nas zonas de baño mencionadas: San Cristovo,
Francelos, zona da Piscina municipal, Veronza Vella, Muíño Raíña,
Ventosela-San Paio e Prexigueiro.
• Que o Concello de Ribadavia ordene e recolla todos os restos de obras
públicas que almacena de maneira ilegal en parques e zonas públicas,
como acontece no Parque de Autocaravanas do Campo da Feira.
• Que o Concello de Ribadavia acometa un Plan para esta lexislatura de
Recuperación e Mellora das súas áreas recreativas e de lecer.