O C.D. Arneteiro enfróntase este domingo ó líder da táboa, o Valladolid B

Fin de semana de fútbol na contorna. O C.D. Arenteiro enfróntase este domingo, ás 16:45 horas no campo de Espiñedo ó Real Valladolid B. Este contrincante é o actual líder da táboa en Liga, e gañar este partido podería poñer ó Arenteiro liderando a clasificación.

O Sporting Carballiño enfróntase o domingo ás 12:00 horas ó Cortegada C.F., no campo da Uceira. O Atlético Arnoia enfróntase tamén o domingo, ás 18:00 horas ó Umia C.F na Queixeira. O Maside C.F. enfróntase o domingo ás 12:30 horas ó Pabellón C.F. no Outeiro Grande.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Francelos C.F. tamén o domingo, ás 18:00 horas, fronte O Irixo, en Valboa. O Club Deportivo Cea xogará o sábado co C.D. Palmés, ás 17:30 horas no Cruceiro. A Unión Deportiva Salamonde xoga o sábado ás 17:00 horas co C.D. Coles no campo da Lamela.

O Arenteiro B enfróntase ó Sporting Vilamarín o domingo ás 12:00 horas no Lodairo.