O concello de Boborás apura as obras da rúa Cristobal Colón despois do parón durante o confinamento

Despois do parón do mes de abril intentase recuperar o tempo traballando a reo nunhas obras que humanizarán esta rúa principal do concello. O prazo de execución é de oito meses e xa está a menos de tres de rematar.

VIDEO

AVANTAR ACTIVIDADES

As obras, cun orzamento de preto de 300.000€ serán sufragadas nun 70% pola Consellería de Medio Ambiente e o 30% restante pola Deputación de Ourense. A humanización deste espazo do núcleo tradicional de Boborás incluirá a sustitución do pavimento e a canalización das redes de iluminación, electricidade, telecomunicacións e pluviais.

Esta actuación desenvólvese no marco do Plan Hurbe da Xunta para desenvolvemento das vilas e dos núcleos de poboación con criterios de sustentabilidade económica, ambiental e social.