Ningún usuario das residencias sociosanitarias de Ourense con covid

  • Non hai ningún caso de Covid entre os preto de cinco mil usuarios e usuarias de residencias sociosanitarias de Ourense
  • Os equipos sanitarios da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras manteranse alerta para actuar ante calquera cambio
  • Ourense conta coa maior volume de centros da Comunidade Autónoma de Galicia con 103 residencias e 32 vivendas comunitarias

VIDEO

Ningunha das 103 residencias sociosanitarias e 32 vivendas comunitarias de Ourense teñen casos de Covid-19, o que garante a seguridade dos seus preto de cinco mil usuarios e usuarias, que pouco a pouco, dacordo co plan de reactivación  establecido pola Consellería de Sanidade poderán ir retomando a normalidade.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Plan de Reactivación no ámbito sociosanitario, en relación coa infección polo virus SARS-CoV-2, establece o marco de actuación para a toma de decisións durante o proceso de reactivación, e define as liñas de vixilancia, prevención e control nesta fase,  para garantir a seguridade, dacordo a uns criterios epidemiolóxicos xerais,  como a incidencia acumulada nos tres días previos na poboación xeral; asistenciais, con avaliación continua do estado do sistema sanitario e sociosanitarios, nos que se valora a capacidade de intervención e xestión dos propios centros ante a aparición dun caso.

Dacordo con estas liñas xerais, a non existencia de positivos é clave, xa que para o inicio do proceso de reactivación, nun centro residencial, é preceptivo que permanezan sen casos infección, polo SARS-CoV-2, tanto entre o persoal como entre os residentes, nos últimos 15 días.

A reactivación constará de tres etapas, de 15 días de duración cada unha. Para pasar a seguinte, o centro deberá contar cun informe favorable do equipo sanitario responsable, da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras. Para maior seguridade, cada unha das etapas avaliase de xeito continuo, o que podería dar lugar a interrupción deste proceso de normalización ou incluso o seu retroceso.

Neste momento, dacordo cos criterios epidemiolóxicos e asistenciais que se validan desde os equipos sanitarios do Sergas en Ourense, a práctica totalidade destes centros xa poden pasar a fase 1, ou a fase 2, no caso das vivendas comunitarias ou residencias con menos de 60 prazas, que pasan directamente a esta, ao igual que reducen a dez días cada cambio de fase.

Vixilancia e seguemento integral das residencias

Ademais da toma de mostras a todos os usuarios e persoal de residencias, onde se rexistrou algún positivo. Desde a Área Sanitaria do Sergas en Ourense realizouse un  varrido preventivo de todas elas, realizándose a proba diagnóstica (PCR) en todos os centros, a traballadores e usuarios. Vixiancia que se mantivo coa realización posterior de mostraxes periódicas naqueles centros onde se detectaron casos.

A modo de exemplo deste exhaustivo control, ao longo desta crise sanitaria realizáronse preto de 8.000 PCRs entre residentes e traballadores dos centros sociosanitarios da provincia. O que representa case o 40% destas probas en toda a nosa Área Sanitaria.

Igualmente puxéronse en marcha dous dispositivos  asistenciais específicos en Piñor e Os Miragres, que funcionaron como unha planta de ingresos Covid-19 máis do Hospital Universitario de Ourense.

A Residencia Integrada de Os Miragres, en Baños de Molgas, pechou as súas portas o pasado día 22 de maio, coa alta das dúas últimas pacientes. Tras un intenso capítulo da sanidade pública de Ourense, na que se puxo en marcha este novidoso sistema asistencial, no que colaboraron voluntariamente persoal sanitario e residentes en formación de Centros de Saúde, Puntos de Atención Continuada e do Hospital Universitario de Ourense.

Pola Residencia de Os Miragres pasaron desde súa apertura, o 24 de abril, 66 residentes positivos a Covid. Procedentes de distintas residencias sociosanitarias da provincia, cun estado de saúde que, si ben non requería un ingreso hospitalario, si un seguemento continuado e medidas de prevención que, sumadas a concorrencia de factores de risco, como idade avanzada e pluripatoloxía, dificultaba a súa permanencia no seu domicilio habitual nestes centros.