- O día 5 de xuño rematan as clases no Conservatorio e o Escola de música. A avaliación será o día 9 de xuño e o boletín de notas recolleranse no momento de facer a matrícula.
- Os días 8, 9 e 10 de xuño estará aberto o prazo para matricularse nas probas de acceso a 1º de grao profesional (a información recóllese na entrada do concello)
- O día 25 de xuño ábrese o prazo para :
- a matrícula do vindeiro curso 2020/21 para o alumnado que xa estaba matriculado o curso pasa
- a preinscrición para a escola de música
- a matrícula para as probas de aptitude a 1º de grao elemental
- a matrícula para outras probas a outros curso de grao elemental e profesional.
NORMAS DE ACCESO Á ESCOLA DE MÚSICA PARA ALUMNADO NOVO
Para acceder a Escola de Musica do Carballiño (ESMU), teranse e conta os anos que teña o/a alumno/a cando realice a inscrición; terán preferencia os anos indicados abaixo, para cada especialidade.
ESPECIALIDADE | ANOS* |
Clarinete, Frauta, Guitarra, Saxofón, Trombón, Trompeta, Tuba, Percusión, Piano, Violín. | 7 anos |
Canto | 16 anos |
Nas especialidades instrumentais: Clarinete, Frauta, Guitarra, Saxofón, Trombón, Trompeta, Tuba, Percusión, Piano, Violín. A preferencia serán os 7 anos cumpridos no ano 2020.
Na especialidade vogal: Canto. A preferencia serán os 16 anos cumpridos no ano 2020.
*De non se cubrir as prazas, iranse incorporando segundo a data de nacemento de maior a menor idade.