Nota da Garda Civil de tráfico sobre infraccións, entre elas un condutor que circulaba a 218 Km/ h

A garda civil do subsector de trafico de Ourense, realiza un dispositivo operativo masivo onde observa varios feitos constitutivos de delito.

DELITO CONTRA A SEGURIDADE VIARIA : M. F. L., de 43 anos e veciño de Ourense, foi denunciado e tómaselle declaración en calidade de investigado por un delito contra a seguridade viaria por conducir a 218 km/ h, un vehículo da súa propiedade, estando limitada a velocidade a 120 km/ h, que é a xenérica para este tipo de vía.

AVANTAR ACTIVIDADES

DELITO DE QUEBRANTAMENTO DA ORDE DE AFASTAMENTO.- J. P.A., de 59 anos e veciño de Xinzo de Limia, resultou detido e posto a disposición xudicial, tras ser identificado por non facer uso do cinto de seguridade cando viaxaba en compañía dunha muller sobre a que tiña unha orde de afastamento imposta polo Xulgado do Penal núm. 1 de Ourense, ao ser condenado por un delito de malos tratos no ámbito familiar. Nesta intervención, o condutor do turismo, tamén veciño de Xinzo, foi denunciado por lanzar un resultado positivo no test de drogas. Ademais do anterior, todos os ocupantes do vehículo foron propostos para sanción por non xustificar o desprazamento fose do termo municipal da súa residencia.

DELITO CONTRA A SEGURIDADE VIARIA.- P. M.M., de 31 anos e veciño de Salamanca, foi denunciado pola comisión dun delito contra a seguridade viaria, por conducir unha furgoneta mixta tendo notificada a perda de vixencia do seu permiso de conducir, tras esgotar todos os puntos.