Baltar destaca que o paro disminúe, entre abril e maio, en oito comarcas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, destaca a diminución do paro rexistrado, entre abril e maio, en oito comarcas, reflectindo a fortaleza da economía ourensá na crise do COVID-19. Segundo o Observatorio Económico Ourensán, este descenso constátase en Baixa Limia, O Carballiño, A Limia, Celanova, Trives, Valdeorras, Verín e Viana, e vinte concellos presentan cifras de desemprego iguais ou menores ás que tiñan no mes de febreiro.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente do goberno provincial pon de relevo a importancia que supón contar cunha ferramenta de análise como é o Observatorio Económico Ourensán, recoñecendo o seu valor na toma de decisións, que son compartidas co Comité do Día Despois e coas organizacións empresariais, un esforzo de diagnóstico que é clave para a reactivación económica, xa que as súas conclusións servirán para a folla de ruta da Comisión Ourense Futuro, unha iniciativa impulsada polo propio Baltar co obxectivo de recoller e impulsar desde a Deputación iniciativas e demandas de todos os colectivos sociais da provincia.

O Observatorio Económico Ourensán (OEOu) -iniciativa da Deputación de Ourense para analizar a situación socio-económica da provincia- constata no seu estudo sobre o impacto da crise do COVID-19 que no mes de maio a evolución do paro rexistrado ha diminuído en oito comarcas da provincia de Ourense, manténdose en Terra de Caldelas e presentando crecementos inferiores a un punto en Allariz-Maceda, O Ribeiro e Ourense. A retardación do impacto da crise provocada polo COVID-19 reflíctese tanto nas cifras da provincia de Ourense como nas comarcais (táboa 2).

O Observatorio reflicte que o descenso, en comparación co mes de abril, constátase en Baixa Limia, O Carballiño, A Limia, Terra de Celanova, Terra de Trives, Valdeorras, Verín e Viana, e que vinte concellos presentan cifras de desemprego iguais ou menores ás que tiñan no mes de febreiro. Estes datos reflicten a constante que vén producindo nas últimas semanas -valora o presidente da Deputación, Manuel Baltar-, referida a que a provincia de Ourense mostra a súa fortaleza ante a crise económica do COVID-19, algo que xa vén producindo desde o inicio da pandemia.

Analizando os datos desde o mes de febreiro, Baixa Limia é a única comarca que logra que a súa cifra de desempregados non creza respecto dos rexistrados con anterioridade ao comezo da crise, cun descenso do desemprego case un 5,4 %. Do resto das comarcas, A Limia, Terra de Celanova, Terra de Trives e Verín logran que o seu desemprego non suba por encima de dous díxitos durante a crise.

Por sectores, desde o inicio da crise, o desemprego do sector industrial crece en todas as comarcas ourensás, mentres que no sector da construción e no sector servizos prodúcense crecementos do paro rexistrado en todas as comarcas excepto na da Baixa Limia. O sector primario segue sendo a excepción, con decrecimiento do paro na maioría das comarcas mesmo en comparación co inicio da crise, (situación que se produce concretamente na Limia, Ourense, Terra de Celanova, Verín, Terra de Trives, Viana e Baixa Limia), con crecemento superior aos dous díxitos no tres últimas (táboa 4).

Tamén se observa que 20 concellos presentan cifras de desemprego iguais ou menores ás que tiñan en febreiro de 2020 (5 máis que no mes anterior): Sarreaus (o desemprego cae un 9,09 %); Vilar de Santos e Xunqueira de Ambía (0 %), Entrimo (11,11 %); Lobeira (17,65 %) Lobios (2,67 %); Muíños (13,89 %); Beariz (4,0 %); Punxín (2,72 %); Arnoia (6,67 %); Cenlle (2,22 %); Leiro (1,06 %); Esgos (6,67 %); Montederramo (-3,57 %), Quintela de Leirado, Carballeda de Valdeorras e Vilardevós (0 %); A Veiga (6,06 %); Cualedro (2,52 %) e Vilariño de Conxo (-9,52 %) (táboa 5).

-Máis información: coordinación Observatorio Económico Ourensán: Andrés Mazaira (670 008 944).