Galicia entra este luns na última fase da desescalada coa posibilidade de realizar mais actividades de lecer

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Así o informou o goberno despois da unha da tarde. Alberto Núñez Feijoo afirmou despois de coñecer a noticia que si de él depende, permitirá tamén a tan agardada mobilidade entre as catro provincias, pero que ainda non está confirmado que competencias vanse delegar as comunidades autónomas na xestión da desescalada.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Goberno galego confía en ter máis detalles sobre a cogobernanza do estado de alarma durante esta fin de semana.

VIDEO

Despedímonos a partir do luns das franxas horarias, pasamos ao 75% do aforo nas terrazas e poderemos consumir nas barras dos bares e restaurantes. La gran novedad es que también podrán abrir las discotecas y bares de ocio nocturno a un tercio de su capacidad.

Ata 800 persoas en espectáculos ao aire libre. Nos pechados, cines, concertos e teatros ao 50% do aforo. Comercios e postos de mercadillos, ao 50%. Amplíanse as reunións de familiares e amigos ata 20 persoas.  Campamentos de verano con grupos de 10 nenos. 

Bodas con 150 persoas o aire libre ou de 75 en lugares pechados, sempre que non se supere o 75% do aforo do recinto.

Os velorios poderán ter un máximo de 50 persoas se son ao aire libre, e 25 se se celebran no interior.

En todo caso, manteranse as medidas de hixiene e distanciamento social e etiqueta respiratoria.