Xa se permite tamén a apertura dos ximnasios pero só un destes establecementos abriu onte no Carballiño

A partir de hoxe poden reabrir os ximnasios que deberán ventilarse dúas horas antes de su uso, y las clases en grupo deberán planificarse para un máximo de 20 personas sempre que non supere o 50% do aforo.

A concelleira de Comercio e Deportes, Silvia Baranda, reuniuse a pasada semana cos propietarios dos ximnasios do Carballliño para analizar a reapertura dos establecementos e as medidas de seguridade e prevención a ter en conta, así como as axudas municipais ao sector pola crise do Covid-19.

AVANTAR ACTIVIDADES

VIDEO

Nesa reunión, os propietarios dos ximnasios comunicaron que abirarían os establecementos entre o 8 e o 15 de xuño e algún incluso a finais deste mes, e que garanten o cumprimento das normas establecidas en materia de seguridade e prevención sanitaria polo coronavirus. So houbo un ximnasio que abriu hoxe, pola tarde e con cita previa. Ximnasios que a maiores teñen outro tipo de instalacións deportivas coma piscinas, están agardando a ter toda a documentación sobre protocolos de seguridade que indique a Xunta de Galicia para reaperturar con todas as garantías