O Club Deportivo Arenteiro pospón a data para a asamblea de hoxe venres e queda aprazada para o xoves 18 de xuño.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O clube indica o motivo de forza maior como a causa deste cambio na data da convocatoria das asambleas. A nova data destas reunións no Estadio do Espiñedo serán para o vindeiro xoves 18 de xuño e manteñense os horarios anteriores. A asamblea ordinaria, na que se presentará a memoria económica da tempada e o balance deportivo, dará comezo ás 19:30h. De seguido, sobre ás 20:30h iniciará a asamblea extraordinaria na que se dará conta da dimisión ao completo da directiva do club e se nomeará, se contan cos candidatos axeitados, a nova directiva.

O club anima a presentar candidaturas para formar parte do equipo de dirección enviando propostas ao correo club@cdarenteiro.es ou facendo a solicitude no teléfono 607425715 antes das 21h do mércores 17 de xuño.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO