Plácido Álvarez acusa a Rodríguez Villarino de tentar “impoñer unha censura política e partidista” nas institucións gobernadas polo PP

IES CHAMOSO LAMAS

O portavoz do grupo popular de goberno e vicepresidente terceiro da Deputación advertiu que ninguén vai tapar a boca ao goberno provincial, lembrando que o propio responsable do PSOE en Ourense, desde a mesma sala de prensa da Deputación, verte “toda clase de inxurias e mentiras sen límite contra o presidente da institución, contra o goberno provincial e contra o PP, mesmo estando acompañados polos número un e dous da candidatura socialista por Ourense ás eleccións galegas e falando en clave electoral, como fixeron o pasado 27 de maio”.

.- O portavoz do grupo provincial popular e vicepresidente terceiro da Deputación, Plácido Álvarez Dobaño, denuncia as manobras do responsable provincial socialista e portavoz na Deputación, Rafael Rodríguez Villarino, de tentar “impoñer unha censura política e partidista” nas institucións gobernadas polo PP, con especial énfase na Deputación de Ourense. Álvarez Dobaño responde así á tentativa dos socialistas ourensáns de “desviar a atención sobre a denuncia pública que o presidente da institución provincial, Manuel baltar, fixo onte mércores ao advertir un uso partidista da Subdelegación do Goberno, que viña de facer un requerimento sobre a legalidade das axudas habilitadas pola Deputación a pemes e autónomos.

“Non conforme con poñer todo tipo de trabas ás medidas que desde unha institución como a Deputación se puxeron en marcha para loitar contra as graves consecuencias da pandemia –di o portavoz popular-, agora acode á Xunta Electoral para impedir que a opinión pública poda comprobar como carece da máis mínima ética e moral á hora de retorcer á realidade”.

Álvarez subliña que o presidente da Deputación, na súa intervención do mércores, personalizou en todo momento as súas declaracións tanto no portavoz socialista como no deputado Ignacio Gómez, “manifestando en varias ocasións o seu respecto ao PSOE como partido político, aos seus militantes e aos seus votantes”. Unha formación provincial “que non se presenta ás eleccións, xa que o fai o PSdeG”.

Desde a propia sala de prensa da Deputación de Ourense, engadiu o representante popular, “ambos os dous deputados socialistas, convertidos en denunciadores profesionais, poden verter, como fixeron o martes, toda clase de inxurias e mentiras sen límite contra o presidente da institución, contra o goberno provincial e contra o PP, mesmo estando acompañados polos número un e dous da candidatura socialista por Ourense ás eleccións galegas e falando en clave electoral, como fixeron o pasado 27 de maio”.

Máis en concreto, advertiu Plácido Álvarez, o número dous da lista, Juan Carlos Francisco Rivera, “que realizou manifestacións expresas á cita do 12 de xullo”. Un candidato, engadiu, “que é o que asina o escrito presentado diante da Xunta Electoral e do que seguimos á espera da querela que dixo ía presentar logo de que o PP fixera público un turbio asunto xudicial que semella ter ingredientes típicos da historia dos socialistas como os casos Filesa, Roldán ou os ERE andaluces”.

SPORTUR GALICIA 2022

“Este é o máximo representante do PSOE ourensán, o señor Villarino, o censor político que tenta agochar a utilización partidaria da administración do Estado, o seguidista dunha estratexia de bronca e axitación, dos que practicaron os <venres sociais> en plena campaña electoral ás xerais, e dos que aproveitaron o estado de alarma para colar todo tipo de decretos que nada tiñan que ver coa pandemia”, engadiu Álvarez.

O portavoz popular concluíu advertindo que “ninguén vai tapar a boca a este goberno provincial, que seguirá a cumprir as súas responsabilidades”.