A Ruta das Tapas do mes de abril está dedicada ós pratos crocantes

Esta mañá, na parrillada San Andrés, tivo lugar a presentación dunha nova xornada da Ruta das Tapas, o 7 e o 14 de abril, decidaca ós pratos crocantes. Serán de novo 13 locais de hostalaría os que participan na iniciativa o primeiro e segundo venres de mes. Os premios desta edición serán de 1+14 amigos, desfrutando de experiencias gastronómicas cos tres colaboradores: Pazo Tizón, Estrella Galicia e a Asociación de Pulpeiros. Hoxe fixeron o sorteo do primeiro deles, unha pulpada que terá lugar na  Romaría das Pulpeiras o 22 de abril.

O Centro Comercial Aberto colabora unha vez máis ca iniciativa e tamén outras entidades como os viños Pazo Tizón, tamén presentes hoxe e a Asociación de Pulpeiros do Carballiño.

AVANTAR ACTIVIDADES

En representación dos hostaleiros, os anfitrións de hoxe, parrillada San Andrés,animou a todos a participar nesta nova edición e destacou que a iniciativa fomenta a creatividade entre hosteleiros. A continuación amosámoslles cada unha das tapas que poderán degustar este venres.