O Carballiño sobe ós 20 casos activos, cinco máis ca na xornada de onte

Publicidade ASPADISI

A comarca sobe hoxe o número total de casos activos de coronavirus ata os 37, unha cifra que se balancea pola evolución de Maside e do Carballiño.

No Carballiño, hoxe os datos soben ata un total de 20, cinco máis ca na xornada de onte. Maside mantén 13 casos, a mesma cifra dende o pasado xoves. No cribado realizado ese mesmo día, ó que acudiron 633 persoas das 900 citadas, so se detectou un positivo.

HIPER MASIDE

Boborás acompaña a decisión do comité clínico de aliviar as restricións cun descenso de casos continuado. Hoxe os datos manteñen a cifra de onte, con dous positivos activos.

San Cristovo de Cea conta cun positivo, igual ca Piñor, que mantén un positivo dende o pasado venres logo de estar libre de covid. E os demais concellos,  Beariz, O Irixo, Punxín e San Amaro están libres de coronavirus.