A asociación Espazo de Autor preséntase na CEO

Espazo de Autor é unha entidade sen ánimo de lucro de ámbito galego que nace para desenvolver proxectos de interese para o sector artesanal e artístico de Galicia, así como promover a programación de actividades como eventos, exposicións, feiras, cursos e talleres.

O acto de presentación desenvolverase mañá, venres 2 de decembro, dentro dunha xornada de artesanía con exposición e demostración, alén dunha mesa coloquio, con algúns dos obradoiros integrantes nesta asociación.

AVANTAR ACTIVIDADES

O patio e salón de actos da CEO acollerán a presentación e posterior rolda de prensa. Asistirán o presidente da entidade, Francisco Javier Rodríguez, a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, e o vicepresidente da Deputación de Ourense, César Fernández.

Acto: presentación de Espazo de Autor, rolda de prensa e exposición-demostración de obradoiros artesanais

Lugar: sede da CEO, patio e salón de actos

Data: venres, 2 de decembro

Hora: 12 horas*
desde as 10 haberá exposición e demostración de obradoiros no patio

Asisten:
Francisco Javier Rodríguez – presidente de Espazo de Autor
Elena Fabeiro – xerente da Fundación Artesanía de Galicia
César Fernández – vicepresidente da Deputación de Ourense