Ruta do vermú Povarelo esta fin de semana nos locais hosteleiros

Presnetación da ruta do vermú Povarelo

Co obxectivo de reactivar a economía local neste período de crise polo covid 19, a hostalería e a destilería Paniagua colaboran na iniciativa de crear unha ruta do vermut Povarelo, que terá lugar do 24 ao 26 de xullo e do 31 de xullo ao 2 de agosto.

Publicidade

Trinta e seis locais hostaleiros participan neste evento, no que xunto co vermut servirase unha tapa elaborada con queixo Palo Santo. E ademais tamén se poderá participar nun sorteo dunha estancia dunha noite para dúas persoas no hotel Louxo, na illa da Toxa, con almorzo e ciucuito de spa incluidos; así como tiques para o circuito de karts de Sanxenxo, botellas de vermut Povarelo, cubiteiras e outros agasallos. Os hostaleiros tamén entrarán nun sorteo dunha noite con almorzo e circuito de spa no hotel Louxo, para dúas persoas.

O evento foi presentado esta mañá no anfiteatro da Veracruz coa asistencia do concelleiro de Turismo, Manuel Dacal; do director de producto de Paniagua, Juan Manuel Novoa, e representantes da hostalería local.

Manuel Dacal destacou a importancia da colaboración da hostalería e as empresas locais para  promocionar os seus produtos, e por eso agradeceu esta iniciativa, dirixida a dinamizar ao sector hostaleiro e industrial.

Juan Manuel Novoa, en nome da empresa Paniagua, agradeceu á hostalería e ao concello a adhesión a este evento promocional dun produto elaborado no Carballiño e que quere implantarse de xeito preferencial no consumo do vermut e dos licores.

Finalmente, unha representante do sector hostaleiro agradeceu a iniciativa, que ten lugar, según dixo, nun momento crítico para a hostalería e que contribuirá a dinamizar os locais, que tanto o necesitan.