O carballiñes Javier Carreiro elexido secretario xeral de UXT FICA Galicia

Os delegados e delegadas convocados ao 5º Congreso Rexional de UXT FICA Galicia, reelixiron a Javier Carreiro para seguir liderando a Comisión Executiva Rexional co 92% dos votos. O congreso, que se celebrou na Coruña, tivo como lema “Sumando Forzas para reindustrializar o país”.

O novo secretario xeral de UXT FICA Galicia, Javier Carreiro, agradeceu o apoio recibido polos delegados e delegadas presentes no congreso e reclamou solucións para a industria en xeral e para Alcoa San Ciprián en particular. A este respecto, sinalou que Galicia e España necesitan unha industria sólida, e que desde a Federación imos seguir apostando polo sector industrial con políticas de decididas de apoio á industrialización sen esquecer ao resto de sectores produtivos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Premer na Imaxe