Denuncia da Cig sobre A residencia de maiores “Nuestra Señora de Fátima”

Á INSPECCIÓN DE TRABALLO E SEGURIDADE SOCIAL DE OURENSE

Anxo Pérez Carballo con DI 34937131 Q en representación da Confederación Intersindical Galega e Zeltia Burgos Tortosa, secretaria nacional da CIG Autonómica con DI 32815792J, con enderezo aos efectos de notificación no local da CIG en Ourense, situado no 4 andar do edificio sindical do Parque San Lázaro, nº12, 32003 Ourense e no enderezo autonomica@cigadmon.gal, e dirixímonos á Inspección de Traballo e Seguridade Social de Ourense e, como mellor proceda en Dereito, DIGO:
Que por medio deste escrito vimos presentar denuncia, en materia de prevención de riscos laborais, contra a Consellería Política Social e a súa xefatura territorial en Ourense, domiciliada no edificio Administrativo da Xunta de Galicia da rúa Habana número 72 en Ourense, denuncia que baseamos nos seguintes

AVANTAR ACTIVIDADES

FEITOS

Único.- A residencia de maiores “Nuestra Señora de Fátima” situada na rúa Conde de Fenosa 83, en O Barco de Valdeorras, está xestionada pola Xunta de Galiza tras a súa intervención logo de que aparecera un centenar de positivos en residentes e máis de 20 en persoas traballadoras desta entidade privada. A Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Función Publica comeza a facer chamamentos ao persoal da Consellería de Educación dende o mércores 7 de abril de 2020. O xoves 8 comezan a traballar nesta residencia privada 6 auxiliares coidadoras de centros educativos, 3 en quenda de maña e outros 3 en quenda de tarde.
A dirección e o resto do persoal que queda no centro é o mesmo, sen que se cambiase a dirección da empresa nin se interviñese de xeito práctico a residencia por parte de Política Social mais que co traslado de seis compañeiras de educación.
Segundo nos indican varias das traballadoras, a situación na chegada ao centro e días posteriores foi a seguinte:

Entrega de pixama e EPI con apenas 5 minutos de presentación á chegada sen explicación da sua colocación (protocolo) nin formación específica das tarefas a realizar e moito menos formación ou información a nivel de prevención de riscos laborais nin específica perante o risco de contaxio do Corona virus.

  1. Non se indica necesidade de ducha a entrada e saída. Non hai zona delimitada de limpo e sucio ou incluso de zona libre e contaxiada.
  2. O persoal é separado ao chegar e asígnaselle unha planta de infectados a cada unha para facer funcións de auxiliar de clínica ou sericultora. Dúas delas nin sequera teñen formación clínica, pois todas son auxiliares coidadoras de escolas e non se lle esixe esa titulación. Non teñen experiencia nas labores que se lle encargan e non se lle indica nin informa das actuacións preventivas que teñen que facer para non contaxiarse nen estender o virus.
  3. As organizacións sindicais non fomos informadas da intervención deste centro por parte da Consellería de Política Social ou da dirección xeral de Función Publica, do chamamento do persoal, das súas condicións laborais con horario e xornada, nin do plan de prevención de riscos laborais e ante o covid 19, de telo.
  4. Non se informa da duración temporal ao persoal deste traslado a máis dunha hora do seu centro habitual e domicilio, non se lle oferta por parte da consellería hotel ou outro lugar para quedar, xantar, etc. Unicamente a dúas delas por imposibilidade de transporte quedan como favor na habitación dun residente infectado que foi trasladado ao centro residencial medico habilitado en Piñor, Ourense. As súas pertenzas seguen no cuarto.
  5. A dirección do centro é a mesma da empresa privada e a responsable do centenar de contaxiados que motivou a suposta intervención da Xunta polo que é cuestionable que poda ser a persoa responsable e encargada da aplicación das medidas de prevención de riscos laborais, se as hai. Cremos que é importante que haxa un control que adiute que o EPIs e os protocolos de traballo son os axeitados.
  6. Non se fai TEST ao persoal da Xunta polo que non sabemos se poden ser fonte de contaxio ou poden traelo cara os seus fogares. Tampouco se realiza nin se prevé un “confinamento” como se fai noutros centros de positivos da Xunta e, ao non ofertarse sequera hotel para durmir, auméntase o risco de espallar o virus trasladando cada día dende O Barco a Ourense.
  7. Non recibimos resposta das cuestións formuladas por escrito neste sentido á Secretaria Xeral Técnica de Política Social (xúntase o documento )