A Xunta vén de repartir esta semana máis de 61.300 unidades de protección contra o coronavirus entre os concellos da provincia de Ourense para atender ao persoal que segue desenvolvendo funcións nos distintos servizos municipais. En total, serán 36.000 guantes, 24.830 mascarillas e 528 traxes. Ademais, tamén se distribuíron 280 litros de xel hidroalcoolico e 462 litros de lixivia.
Concretamente, a cidade das Burgas recibiu hoxe nesta nova entrega 12.200 equipamentos: 4.131 mascarillas, 8.000 guantes e 66 traxes. Este material súmase ao entregadopola Xunta a pasada semana e cífrase nun total de 36.600 unidades de protección.
Todo o material se está a distribuír directamente desde a
plataforma loxística que a Xunta puxo en marcha para axilizar o proceso e
centralizar a adquisición e o reparto de equipos de protección individual
durante o estado de alarma e a emerxencia sanitaria polo coronavirus. Así,
o material se está a levar directamente aos concellos para evitar
desprazamentos.
A Administración autonómica leva
repartido entre os municipios da provincia preto de 222.000 equipamentos de
protección (EPIs) adquiridos directamente por ela: 153.755 guantes, 61.730
mascarillas, 3.280 traxes e 3.000 batas. A este material hai que sumar 1.070
litros de xel hidroalcololico, 1.200
litros de lixivia e 35 garrafas de 5 litros de desinfectante.
Os criterios de reparto están consensuados coa Federación Galega de Municipios
e Provincias (FEGAMP) e realízanse en base a criterios obxectivos tendo en
conta a poboación, o número de casos positivos, o número de efectivos de
Policía, o número de voluntarios de Protección Civil, e o número de horas do
servizo de axuda no fogar.
Con esta medida, o Goberno galego pretende dotar do equipamento necesario
ás entidades locais para que o persoal dos servizos municipais involucrados na
loita contra a expansión do Covid-19 conten co material de protección que
precisan.