O Carballiño mantén catro casos activos, a mesma cifra ca nos últimos días

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 9 contaxios ( = ). O Concello do Carballiño mantén os 4 casos con respecto a onte. Dende hai un mes non tiñamos datos tan baixos por covid.

Publicidade

San Cristovo de Cea mantén un total de dous casos. Beariz conta con dous contaxios, a mesma situación ca onte. O Irixo mantén un so contaxio.

Os demais concellos, Boborás, Punxín, Piñor, Maside e San Amaro están libres de covid.

Todos os concellos, tanto do Carballiño como do Ribeiro, están en nivel medio-baixo.