Espazo Común rexeita a proposta de subida do IBI do goberno local

A formación asegura que é unha obviedade para todo o mundo que as economías das pequenas empresas e das familias están a atravesar por verdadeiros problemas a causa da crise provocada polo COVID-19.

O grupo calificou de “impresentable” a proposta que figura na orde do día do vindeiro pleno de subir o IBI (Imposto de Bens Inmobles) tamén coñecido coma contribución nun 12.5 %. Segundo a formación, o grupo de goberno propón  pasar do 0.48 % actual ó 0.54%.

AVANTAR ACTIVIDADES

Reseñan que cando peor están as economías domésticas, cando as cifras do paro comezan a reflexar o sufrimento de moitas familias, cando os negocios están a pasar un momento crítico non é o momento de tomar esta decisión. Dende Espazo Común exixirán ó goberno que retire esta  proposta.