Foto: Beade, Calvario
Por Felipe-Senén
(Historiador da Cultura Galega)
Nestes día saltou nos medios de comunicación ourensán a noticia que o 14 de maio sairían en poxa na madrileña galería Ansorena, por 195 000 euros, dous torques e un brazalete de ouro que se din de Galiza. E así foi, sabendo polo catálogo da propia casa de poxas, que agora se ofrecen en 210.000, descoñecendo si a Xunta de Galicia aplicará o dereito de tanteo, para o que ten un prazo de 6 semanas dende a saída en poxa. Intereses culturais e arqueolóxicos preocúpanse polo asunto.
Pezas que se di procedentes da cultura castrexa, a que singulariza o Noroeste Ibérico prerromano, datadas arredor do sc. III a.C. Prezo que consideramos moi alto para as dúbidas de procedencia que ofrecen e que pon no brete tal inversión. Noticia que xera diferentes hipóteses sobre tal achado: cando ocorreu, onde , como, ás relacións con outras pezas semellantes… Até a hipótese de que se atoparon nos anos inmediatos á guerra civil, sendo procedentes do Castro de Beade, gabancioso lugar do Ribeiro do Avia, nos vellos camiños reais que soben a Pena Corneira, cunha historia que vai dos castros á Encomenda dos cabaleiros de San Xoán de Xerusalén.

Pezas que, se cree, formaron parte dun tesouro , entre o que tamén estarían os dous torques con características e feitura semellante, quizais do mesmo taller, os que se mostran no British Museum de Londres, na sección correspondente a Antiguedades Prehistoricas, Sec. Idade do Ferro Europea e que, no 1960, foron mercados en poxa en Sothebys….Torques de sección romboidal, remate en dobre escocia, baleira no interior, ao xeito de sonaxa, un deles coa súa parte planas do dous remates decoradas cunha xeométrica rosácea hexapétala, trazada a compás e gravada a punzón, complementada no perímetro, na converxencia de liñas e no centro con boliñas goteadas. Representativos torques que foron cedidos para a exposición “Celt Art and identity” (2015), celebrada en Edimburgo e Londres, en inicio con cartela marcando a súa procedencia “do Noroeste Ibérico”, agora xa identificándoa nas proximidades de Ourense e da raia portuguesa. Quizais cavilando na súa relación co tesouro de Lebuçao, no Alto Támega portugués, veciño da provincia de Ourense (torques e brazalete, ambos máis rematados na súa decoración de punzón, tamén con rosetas). Torques castrexos do British dados a coñecer pola experta en ourivería ibérica e dunha saga de arqueólogos, María Josefa Almagro Gorbea “Dos nuevos torques de oro, de tipo gallego, ingresados en el Museo Británico” (Ampurias, 1962). Uns de tantos anacos da historia e da arte de Galiza ofrecidos nas galerías internacionais.
Pezas que son proba da riqueza da minería e da metalurxia dos galaicos, habilidade tan referenciada por xeógrafos, cronistas e viaxeiros da antigüidade grecolatina, como polas lendas e testemuñas, contos de tesouros de mouros, como polos que pasaron a museos e coleccións… Lembramos o epigrama do poeta bilbilitano do sc. I, Marcial, dedicado ao coleccionista Carino, facendo referencia aos cotizados traballos en ouro da Gallaecia.

Relación cos dous torques que se expoñen no Britihs Museum de Londres
Adornos que denotando casta, rango e un ritual, mesmo tipoloxías que se supoñen de carácter tribal, como propoñía o profesor Monteagudo. Sendo o primeiro expertizar a autenticidade das pezas no mercado, así como verificar a súa suposta relacións cos dous devanditos torques do Britihs. Polo demais a arqueoloxía seguirá nesa súa labor inacabada, parte do seu poder sedutor: ao cabo do tempo, as pescudas, a arqueometalurxia… ofrecerán novos datos. Polo de agora, os técnicos da Xunta de Galiza dubidan que os torques en poxa sexan de Galiza, pescudase documentación que garanta a procedencia e tal inversión pública.

Ao respecto é fundamental a alerta ofrecida polo ourensán, historiador da cultura galega Alfonso Vázquez-Monxardín Fernández, especializado en arqueoloxía, preocupado pola trazadibilidade ou provenienza de tal “tesouro ourensán”. O que, ademais, di, daría bo “argumento para unha novela”. Iso mesmo poderamos dicir de moitos tesouros, contos ao respecto non faltan: sobre o lugar onde se atopou, quen e cando se achou, en que circunstancias, por que mans foi pasando…asuntos que axudarían a determinar a súa propiedade e a aumentar o valor arqueolóxico. Velaí a novela El Escarbajo´( 1985) do arxentino de Mujica Lainez . Mesmo en base ao que ten escoitado, ás conxeturas, montar unha hipótese arqueolóxica sobre este tesouro: o orixe, as abas do castro de Beade, na parte baixa das murallas, o valadoiro. Terreo mercado para aproveitando o cachote solto erguer uns socalcos e sobre deles plantar vides …o célebre viño de Beade. Mesmo se propoñen protagonistas, como o célebre Antonio O Gaiteiro, o que, despois, na década dos oitenta, tería parladoiro, entre cuncas de viño e febras de xamón, con Graham Greene e o compañeiro deste o paúl Leopoldo Durán… Pois velaí que o sacho peta cunha ola e dentro un tesouro: pulseiras, torques… Son anos difíciles, compre calar o conto, aínda que as noticias bulen e furan, pola calada, medra a espiral do mito sobre os tesouros dos mouros… Suponse que parte do tesouro é a que reaparece no British Museum de Londres. E, velaí a outra parte no hoxe no mercado. Mesmo velaquí un felecho do que tirar, a marca do excelente viño de Beade co enigmático nome e “Torques do Castro”, produto da sabia vitivinicultura do humanista, bo coñecedor desta súa terra, presidida pola Pena Corneira, Eladio Rodríguez Fernández e do seu irmán Pablo “Oitavén”, creador do bosque encantado de Redimoas. Familia que coidamos fundamental entre as sombras desta historia. Tesouro en relación co aparecido no inmediato Concello de Ribadavia, na parroquia de San Cristobo de Regodeixón, as dúas argolas aureas. (Museo Arqueolóxico de Ourense)

O arqueólogo e exdirector do Museo de Ourense, Xulio Rodríguez púxose sobre un asunto que implicaría a este histórico centro cultural, no que non se mostran torques, pese a ser unha provincia rica en castros e en arqueólogos, como López Cuevillas, autor dun libro referente, Las Joyas Castreñas, (CSIC no 1951) de estudosos da ourivería protohistórica, como Bieito Pérez Outeiriño ou Ladislao Castro, os arqueólogos, Francisco Fariña, Colmenero, Orero, Eguileta, Santiago Ferrer…. Argumento que daría para un sorprendente montaxe expositivo.
Os estudos arqueolóxicos unha permanente arredor dos artefactos do pasado
Ben sabemos de contos e lendas que falan de tesouros das mouras. Esas mouras que mais sentimos en relación co verbo latino moneo (recordar, memorar…) e coas moiras gregas que coas mouras africanas. Lendas radicadas en algo de verdade: tesouros que enriqueceron casas, os que fundiron e se fixeron dentes de ouro ou os que se entregaron ao párroco para unha coroa da virxe, os que se levaron a un xoieiro, a un chamarileiro, os que se acocharon… Certo que ao descoñecerse a procedencia, aínda sen dubidar da súa autenticidade, perden parte do seu valor arqueolóxico. Si ben estes son asuntos sempre pendentes e así o entenden no British Museum, onde os seus olladores furgan entre as sombras facéndose para as súas colección con significativas pezas do máis atractivo ouro. Filgueira Valverde, Chamoso Lamas, Ferro Couselo preocupáronse tanto polo aparecido nas escavacións arqueolóxicas, como pola revisión dos fondos almacenado ou polas sombras das coleccións, dos anticuarios, dun mundo clandestino que tamén hai que, compre coñecer e evitar.

Os xestores do patrimonio cultural, vencellados aos poderes públicos, cos seus correspondentes departamentos, deberan involucrarse no estado da cuestión : seguir estas pezas, expertizarlas, acudir ás Leis, mesmo ao artigo 118 da Lei da Administración Local. Pois nutrir un museo é unha das primeiras normas da definición destas institucións, algo que no presente se trata moi á lixeira. Evitando o que pasa, cando se desfán coleccións como a do numismática Evaristo de Cuena González, con moedas únicas de diferentes épocas e cecas de Galiza e pasar ao mercado. Anacos da historia de Galiza, que enriquecen e dignifican un pobo.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
——————————————————————————-
Traxectoria e obras de Felipe Senén

—————————————————————————————————
Outros ártigos de Felipe Senén:
Felipe Senén: “recuperación das tradicionais tabernas galegas e “Ó Volter” de Ourense”
Felipe Senén: “A verdadeira historia dun tesouro dos mouros: o casco de Leiro, Rianxo”
Felipe Senén: “O fotógrafo de Allariz José Suárez nas Artes Galegas
Felipe Senén:”Arredor de Otero Pedrayo e da aura do seu Ourense”
Felipe Senén:”As mimosas póndolle manto ao abandono e abrindo ao Entroido”
Felipe Senén: “Rafael Melero: cando a poesía se fixo Ser e habitou no Carballiño”
Felipe Senén: ” 11 de Novembro, o San Martiño e os tradicionais Magostos “
Felipe Senén: “Pepe Paz, o pedagogo ourensán enraizado en Tagore: Igualdade e Paz “
Felipe Senén: “O viño e o emparrado no fronte da casa tradicional galega”
Felipe Senén: “San Cibrao, o santo dos meigallos, os feitizos e os tesouros dos mouros”
Felipe Senén: “Moncho Fuentes: fotos singulares do común e con banda sonora country”
Felipe Senén: “Vellas lembrazas dos Felos de Garabás”
Felipe Senén: “Meigas e magos “de saco ao lombo” na tradición celto-cristián e no Nadal de Galiza”
Felipe Senén: “Algunhas sagas e ilustres nomes de alarifes do Carballiño que rescata Montes Marqués”
Felipe Senén: “Os alarifes, as familias que crearon o Carballiño, libro necesario de Montes Marqués”
Felipe Senén: “Os programas de man das Festas Maiores do Carballiño”
Felipe Senén: “Algo sobre a emigración do Carballiño para o mundo”
Felipe Senén: “O Folión, os foguetes e os fogueteiros do Carballiño”
Felipe Senén:”Os eidos que abeiran o vello camiño das orixes, o de Flores a Señorín”
Felipe Senén:”Míticas curvas e reviravoltas nos vellos camiños do Carballiño”
Felipe Senén:”Miguel Anxo Fernández, o Carballiño e a súa aura como escritor e cinéfilo”
Felipe Senén:”O Carballiño e o reloxo de cuco do Balneario nas viaxes do escritor Alfonso Armada”
Felipe Senén:”A científica María Teresa Miras Portugal sempre na memoria do seu Carballiño”
Felipe Senén: Carlos A. Rodriguez e a súa novela sobre o galego “rei dos xíbaros”
Felipe Senén: “Xesús Carballido. Esoutra arte ou poética de argallar, pegar ou coser memoria”
Felipe Senén: “o Casino do Carballiño , a súa Festa da Mimosa e algo máis”
Felipe Senén: “Contos, medos, amuletos e santuarios das xentes do camiño”
Felipe Senén: “Felipe Senén: “A Rosa, a flor de Flores””
Felipe Senén: “A nobreza e os pazos dos arredores do Carballiño”
Felipe Senén: “O pasado e a base da Biblioteca Municipal do Carballiño”
Felipe Senén: “O profesor Xaime Ferreiro Alemparte: un universo literario entre Cabanelas e Alemaña”
Avelino Cachafeiro, o gaiteiro de Soutelo nas lembranzas do Carballiño
A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza
Felipe Senén: “O Tempo de Defuntos no pétreo barco do Cemiterio de Señorín “
Felipe Senén:”as decimonónicas fábricas de papel das terras do Arenteiro”
Felipe Senén: ” Algunhas lembranzas arredor da miña Eira de Flores “
Felipe Senén: ” O CARBALLIÑO, CAPITAL MUNDIAL DO PULPO”
Felipe Senén: “o pulpo, Aurora Baranda e o Carballiño, unha santa trindade galega”
Felipe Senén: “de monte de Mesego a cidade xardín e Parque do Carballiño”
Felipe Senén: Lalín, o Carballiño e o ir e vir do pintor “Laxeiro”
Felipe Senén: “Xoán Xacobe Fernández, o franciscano de Moire e mártir en Damasco”
Felipe Senén: “As Adegas, un idílico e misterioso lugar no ribeiriño do rio Varón”
Felipe Senén: “O profesor de debuxo, os carteis e as iniciativas de Felipe-Luis López”
Felipe Senén: ” O gran fotógrafo Alberto Martí e o Carballiño
Felipe Senén: “A Pena de Queiras entre os outeiros, “ou altares” que coroan o Carballiño “
Felipe Senén: “Veremundo Arias Teixeiro, de Cabanelas, persoeiro barroco nos anos da Ilustración”
Felipe Senén: “Flores, o barrio da parte de atrás do Concello”
Felipe Senén: “A saga familiar do arquitecto Gallego Jorreto e o Carballiño”
Felipe Senén: “Arredor das pontes sobre os ríos do Carballiño”
Felipe Senén: A fervenza artificial do Arenteiro nas Tres Penas
A Praza de Abastos: catedral do mercado gastronómico e que, de vello, honra ao Carballiño
Pregóns, aturuxos, voces, músicas ou asubíos do meu Carballiño
O bulir da feira do Carballiño arredor do sitio da súa orixe: a Praza Maior e a Igrexa Vella
O Campo da feira do meu Carballiño
A peregrinación a Compostela dos de “Nós”, con parada e fonda no Carballiño
Vicente Risco e a peregrinación como ascese. A viaxe a pé de Ourense a Compostela…polo Carballiño
Fariña Jamardo, algo máis que singular secretario do concello do Carballiño
O Carballiño nos horizontes da Trasalba de Otero Pedrayo
O Río Arenteiro, vea de auga, de economía, de historia e cultura
Francisco Luís Bernárdez, o poeta masidao que levaba prendido o panteísmo galego
O Castro de San Cibrao das Las enxergando as bocarribeiras e os ribeiros
Chamoso Lamas e os vellos e grandes muíños de Moldes
O Románico, documento da misión humanista no territorio do Carballiño
Banga dos pazos e a súa Igrexa de Santa Baia: antoloxía cultural dos Ribeiros
Inspiradores ires e vires de Marineda á Vilamorta no Ribeiro dos Quiroga
Os arrieiros do Carballiño…e un curioso documento
Un paseo a través da arte do imperial Mosteiro de Oseira
O mosteiro de Oseira… lección de historia e arte
Manuel Chamoso Lamas e a xestión do Patrimonio Cultural
Cando a orixinalidade radica nas orixes: arredor da feira do Carballiño
Outros apuntamentos para a historia do cine no Carballiño
A Residencia do Carballiño: os promotores, o arquitecto, os residentes…
O monumento aos irmans Prieto do Carballiño e o seu escultor Larrauri
Arqueoloxía do Megalitismo nas Terras do Carballiño: as mámoas, medorras, medelas…
As pantasmas do histórico “Gran Balneario do Carballiño”
Arredor do paleolítico nas terras do Carballiño, as pescudas…
O mes de maio no Carballiño…. “aqueles días azuis e este sol da infancia”
Ramón Bernárdez González, un carballiñés na “Cova Céltica” e fundador da Academia Galega
A Igrexa Vella do Carballiño coa súa gabanciosa torre
O desaparecido chalé “Col” e a lembranza da emigración carballiñesa a Cuba
O biscoito “meimón” do Carballiño e a súa receita recollida pola Pardo Bazán
Aquelas Semanas Santas carballiñesas, de ramos, carracas, caladiños e Pascua Florida
Arqueoloxía pendente: a das grandes minas auríferas de Loureiro, no Irixo
Unha abraiante xoia da arqueoloxía: a arrecada de ouro do Irixo
As tradicións do Entroido do Carballiño
A Casa Consistorial do Carballiño, prototipo de inquedanzas decimonónicas
A novas revisións máis “ CASTROS” nas terras do Carballiño
O Catálogo dos Castros do Carballiño do 1930… e máis que hai
Lembranzas do Nadal de noutrora no Carballiño
Os esquecidos cantos de Nadal, Aninovo e Reis do meu Carballiño
O reloxo da Consistorial do Carballiño e o seu xenial autor
A Veracruz do Carballiño: lección de pedras, arte dos canteiros e da historia da arquitectura
Pepe Prada, un premio á creatividade, á constancia e á dignidade na cultura
A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza
Mes de santos, defuntos e magostos no Carballiño de noutronte
A Fonte de Flores, abrindo ao Carballiño
Un exemplo de destrución cultural : a Igrexa de San Paio de Loeda, Piñor de Cea
A parroquia de Loureiro, no Irixo, e o arquitecto neoclásico Loys Monteagudo
Lembranzas de pintura mural no Carballiño
Machados de “tope” da Idade do Bronce atopados no Monte de Mesego
A imaxe do San Cibrao do Carballiño e o seu escultor, Aldrey
As augas e as fontes do Carballiño
Vestixios de habitat e sepulturas da Primeira Idade dos Metais no Parque do Carballiño
Noticia sobre restos romanos no patio traseiro do Grupo Escolar do Carballiño
O pintor de Marín Manuel Torres no Carballiño
E así naceu “o Cantigueiro de Orcellón” de Manuel María e algo máis…
Manuel María, o Carballiño, as bocarribeiras e os ribeiros
A madeira nas máis antigas construcións do Carballiño
Pasado e tristeiro presente da Estación de Ferrocarril do Carballiño
O sitio arqueolóxico da Pena dos Namorados
O Castro de Cameixa referente na arqueoloxía galega
Terra, Auga, Aire e Lume no San Xoán de antes
Historias e lendas arredor do Puzo do Lago, Maside
Apuntamentos arqueolóxicos sobre as terras do Carballiño

















